Modificacións nas solicitudes de determinadas prestacións de MUFACE

A resolución saíu publicada no BOE con data 25 de febreiro.

Como xa viñamos informando na CIG-Ensino desde o pasado mes de decembro, lembramos que a partir do 1 de marzo as axudas que nos ofrece MUFACE ao profesorado funcionario de carreira EN ACTIVO tanto por prestacións oculares como dentarias só se poderán tramitar a través da sede electrónica da mutualidade

Para cumprimentar estas axudas debemos seguir este procedemento:

1.- Debemos entrar en https://sede.muface.gob.es/ e logo elixir ben "Solicitude de prestacións dentarias" ou "Solicitude de prestacións oculares".

2.- Teremos que identificarnos mediante algún certificado dixital recoñecido: DNI electrónico, identificación Cl@ve permanente ou Cl@ve PIN. Se non dispomos de ningún, está previsto que o mesmo 1 de marzo estarán dadas de alta as oficinais provinciais de MUFACE como centros xeradores de contrasinais do sistema Cl@ve.

3.- Xunto coa solicitude debemos presentar a factura do servizo polo que pedimos a prestación. Nesta factura deben constar os seguintes datos:

  • Número e serie da factura
  • Data de expedición da mesma
  • Nome e apelidos, razón ou denominación social completa e NIF do emisor
  • Nome, apelidos e NIF da persoa destinataria
  • Domicilios tanto do emisor como da persoa destinataria
  • Descrición das operacións consignando os datos necesarios para a determinación da base imponíbel das mesmas e o seu importe
  • No caso das prestacións dentarias, indicación de que a operación está exenta do IVE; no caso das prestacións oculares, tipo de IVE aplicábel co correspondente desglose entre base e cota do IVE
  • Data na que se efectuaron as operacións que se documentan se é que se trata dunha data diferente á da expedición da factura.

4.- Non é obrigatorio, pois, presentar a documentación en papel mais si que o é gardar a factura orixinal durante 4 anos polo menos. MUFACE pode requerila aleatoriamente para comprobar a súa veracidade.

profesorado XUBILADO poderá seguir pedindo estas prestación presencialmente en calquera oficina de MUFACE mais só son válidos para estes trámites os meses de marzo, setembro e outubro.

Tamén aparecen no BOE os cadros onde se recollen as cuantías das axudas. Neste caso non hai variación ningunha. Achegámosche o cadro que preparamos na CIG-Ensino para que as poidas consultar.

Se tedes algunha dúbida, lembrade que sempre podedes resolvela dirixíndovos a calquera dos nosos locais.

Volver