Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados de mestres
Mestras e mestres de infantil e primaria
RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 15 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 31 de outubro). Ligazón
Adxudicación ordenada por especialidades e, dentro destas, por puntuacións. Ligazón
Adxudicacións por especialidade.
Logo dun estudo rápido da adxudicación pódese concluír que en todas as especialidades se coloca profesorado en prácticas, reducindo aínda máis a provisionalidade, agora xa en todas as especialidades.
Estes son os datos máis salientábeis da adxudicación por especialidades:
- Sociais na ESO (Código 21): 1
- Infantil (Código 31): 322
- Inglés (Código 32): 123
- Francés (Código 33): 54
- Ed. Física (Código 34): 120
- Música (Código 35): 66
- PT (Código 36): 109
- AL (Código 37): 153
- EP (Código 38): 519
- PT-ESO (Código 60): 36
- Hai a maiores unha vacante cun código de fóra de Galiza (597076): Inglés de adultos.
- Saen de Galiza: 36
TOTAL: 1.468 PRAZAS
Destas 1504 prazas, 36 son adxudicadas fóra de Galiza.
Destaca o alto número de prazas de PT e AL adxudicadas, froito do traballo desenvolvido pola CIG-Ensino nos dous últimos cursos a partir dun estudo pormenorizado, centro a centro, para detectar aquelas prazas que reiteradamente se cubrían con profesorado provisional: ligazón.
Prazas Itinerantes
Adxudicáronse un total de 154 prazas itinerantes, das que 141 son de PT e AL en centros de Infantil e Primaria, 6 de PT en IES e 7 doutras especialidades en CRA. Isto supón que son itinerantes un 10% das prazas adxudicadas, todas elas de carácter voluntario, como defendeu a CIG-Ensino.
A incorporación das maioría das prazas de PT e AL itinerantes foi tamén froito da demanda da CIG-Ensino dunha mellor atención á diversidade coa conversión en definitivos de postos provisionais. Sen embargo estas prazas, desde o punto de vista do sindicato, non deberían ter carácter itinerante, xa que na inmensa maioría dos casos detectados teñen suficiente necesidades que atender no centro de adxudicación. Desde o sindicato vixiaremos que non se produzan itinerancias cando iso implique desatender as necesidades do centro adxudicado e demandaremos que se estendan as prazas definitivas de PT e AL a moitos outros centros que quedaron fóra desta ampliación.
Toda a información dos diferentes concursos nas seguintes ligazóns.
Concurso de traslados de Infantil e Primaria: ligazón
Concurso de traslados de secundaria: ligazón