Ensino público

Información das mesas sectoriais do 12 e 21 de marzo

Os temas tratados foron entre outros a modificación da orde de concilia, a orde de titulacións para incorporación a listaxes, orde direccións, PIALE, reintegro gastos formación e licenzas por formación.

Modificacións nas solicitudes de determinadas prestacións de MUFACE

A resolución saíu publicada no BOE con data 25 de febreiro.

A coeducación e un ensino en chave feminista centraron as XVI Xornadas das Mulleres da CIG-Ensino e a AS-PG

O sindicato presentou os resultados da consulta que trasladou aos centros educativos no que se constata que é o voluntarismo dalgúns equipos docentes o que substitúe o desinterese da administración educativa.

A Plataforma Galega inicia unha campaña para promover a matrícula nos centros públicos

Co lema “Faite do ensino público” chaman a apostar pola rede pública como mellor ferramenta de equidade e cohesión social.

Publicadas as vacantes provisionais do Concurso Xeral de Traslados

Resolución do 20 de febreiro de 2019

A Consellaría atende maioritariamente as peticións de vacantes da CIG Ensino

Enrócase porén en manter vacantes en especialidades nas que non existen funcionarias de carreira en Galiza
cartaz

A CIG-Ensino esíxelle á Xunta que non se promovan campañas a prol da minaría nos centros de ensino

O sindicato amosa o seu rexeitamento ante a intención da Cámara Oficial Mineira de Galiza, coa complicidade da administración, de “lavarlle a cara” a un sector que está a causar graves desfeitas ambientais no noso país.

Estudo da CIG Ensino sobre as vacantes provisionais dos corpos de secundaria

Vacantes por especialidades, por centros e vacantes non concedidas pola Consellaría

A oferta de vacantes no CXT duplícase nos corpos de secundaria

O traballo realizado centro a centro pola CIG-Ensino, tomado como referencia pola Consellaría, provocou o desbloqueo da oferta de vacantes, o que supón un antes e un despois nas especialidades de secundaria e FP.

A CIG-Ensino reclama a recuperación das axudas para compensar os gastos derivados de accidentes de tráfico

Esta Orde foi eliminada por parte da Consellaría desde o ano 2012 e forma parte dos múltiples recortes de dereitos aplicados ao persoal docente.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
05/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.