
Prazas de atención preferente
Información da convocatoria de concurso de méritos para postos de escolarización a alumnado de atención preferente
A obtención dun dos postos ofertados a concurso implica un destino en comisión de servizos até que alumna ou alumno que motiva a prazas remate a etapa educativa ou por un período máximo de 6 anos
PRAZAS RECLAMADAS POLA CIG-ENSINO
A CIG-Ensino reclama un incremento de 25 prazas, un terzo máis, así como a modificación de varios perfís. A Consellaría comprométese a que sexan revisadas pola Inspección Educativa. Desde o sindicato insistimos en que non debe quedar ningunha sen revisar.
CENTRO |
CONCELLO |
PRAZA |
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE |
A CORUÑA |
1 AL |
CEIP EUSEBIO DA GUARDA |
A CORUÑA |
1 PT |
CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE |
A GUARDA |
1 AL (a maiores da de PT) |
CRA BOQUEIXÓN-VEDRA NEIRA VILAS |
BOQUEIXÓN |
1 PT |
IES PERDOURO |
BURELA |
1 AL (a maiores da de PT) |
CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLORES |
CAMBRE |
1PT - 1 AL |
CEIP VELEIRO DOCAMPO |
CASTRO DE REI |
2 PT (ofértase 1 PT con afín AL) |
CEIP O RAMO |
FENE |
Cambiar código 2 por 11 |
CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRA |
FERROL |
1 PT e 1 AL (en vez de 1 PT con afín AL) |
CEIP QUIROGA BALLESTEROS |
LUGO |
Retirar o perfil de linguaxe de signos |
CEIP PIÑEIROS |
NARÓN |
1 PT |
CEIP A RABADEIRA |
OLEIROS |
1 PT |
CEIP JUANA DE VEGA |
OLEIROS |
1 PT - 1 AL con perfil de linguaxe de signos) |
IES MIRAFLORES |
OLEIROS |
1 PT |
IES MARUXA MALLO |
ORDES |
1 PT |
CEIP O RUXIDOIRO |
OURENSE |
1 PT |
CEIP VISTAFERMOSA |
OURENSE |
1 PT |
CEIP EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA |
OURENSE |
1 PT |
CEIP FRIÓNS |
RIBEIRA |
1 PT - 1 AL |
CEIP CARLOS CASARES |
SALVATERRA DO MIÑO |
1 PT |
CEIP Nº1 |
TUI |
1 PT |
CEIP PRINCESA DE ESPAÑA |
VERÍN |
1 PT |
CEIP ESCULTOR ACUÑA |
VIGO |
1 PT |
CEIP CARLOS CASARES |
XINZO DE LIMIA |
1 AL con afín PT |
Unha convocatoria que chega tarde á Mesa e de novo cunha mala xestión previa de contacto cos centros.
Ao longo deste ano 2019 solicitamos en dúas ocasións que se trouxese esta convocatoria á Mesa Sectorial. A resposta foi que non constaban solicitudes. Puxémolo en dúbida desde o primeiro momento e agora constátase a realidade: de non existir demanda dos centros a que aparezan 74 prazas.
A CIG-Ensino non é partidaria desta modalidade de concurso e cremos que hai que potenciar os postos de traballo de atención á diversidade de carácter fixo. Debe estudarse a existencia de centros nos que habitualmente se precisan estes apoios educativos e dotalos de máis prazas no cadro de persoal definitivo.
Volvemos a atopar este ano un mal funcionamento da Consellaría, xa que hai centros que non tiveron coñecemento da posibilidade de solicitar estas prazas outros que mandaron informes á Inspección e non aparecen no Anexo. Ten que mellorar o sistema de información e comunicación dos centros: as direccións e as xefaturas de orientación teñen que coñecer con suficiente antelación que se vai abrir esta convocatoria para que poidan formular solicitudes e achegar informes.
Reparto das prazas e criterios das Inspeccións. Pola información que temos cremos que non existe un criterio homoxéneo nas Inspeccións.
Así , hai atrancos nalgunha provincia a que se oferten prazas para atención específica a alumnado de Educación Infantil. Deben concederse, e aplicando a orde, unha vez rematada a Etapa educativa, debe saír de novo a concurso para a etapa de Primaria. En todo caso, se a atención preferente é con alumnado de Infantil debería especificarse no perfil da praza.
Demandamos garantías da revisión das prazas solicitadas polos centros.
As limitacións de persoal e do propio número de equipos específicos de orientación dificultan unha correcta tramitación e os datas nas que estamos non axudan. Demandamos que antes de publicar a orde coas vacantes haxa tempo para revisar as demandas dos centos, que non son responsábeis da mala organización da administración.
Persoal participante.
No artigo 2 debe ampliarse a posibilidade de participación ás persoas que solicitan o reingreso desde unha excedencia e ao persoal interino. Neste caso a continuidade na praza estaría vinculada a ter dereito a traballar pola orde de colocación na lista de persoal interino. A Consellaría acepta incluír o profesorado en excedencia mais non ao profesorado interino. Os demais sindicatos apoian a negativa da Consellaría e están de acordo coa súa exclusión.
Baremo e requisitos.
Formación. Queremos saber porque este ano se exceptúa do requisito de homologación ás actividades dos subapartados 4.1. e 4.2. Aclaran que a experiencia indica que hai moitos cursos non homologados que gardan relación coas prazas. A CIG-Ensino demanda que se sexa coidadoso e que só se acepten as que estean directamente relacionados coas prazas que se piden.
Linguaxe de signos. Non entendemos que desapareza o título de intérprete de signos expedido pola Confederación Nacional de Persoas Xordas ou por federacións autonómicas. Acéptano.
Necesidades de persoal non docente.
Foron varios os centros os que se dirixiron á CIG-Ensino e, aproveitando a comunicación das súas demandas, nos trasladaron as necesidades de persoal coidador. Non é un tema desta Mesa mais non queremos deixar de facer constancia da necesidade dun incremento deste persoal.
Periodicidade anual e revisión das necesidades dos centros.
Con independencia de que como CIG-Ensino seguiremos a demandar un incremento importante de prazas definitivas de PT e AL, solicitamos unha mellor planificación do traballo da Consellaría con esta convocatoria:
- Instrucións homoxéneas á Inspección Educativa das catro provincias sobre os criterios para dotar estas prazas ou para incrementar o catálogo definitivo.
- Comunicación aos centros unha vez pechado o prazo de matrícula (e se coñeza tamén a futura escolarización de alumnado con atención preferente) da apertura dun prazo para remitir informes e solicitudes.
- Convocatoria, previa negociación na Mesa, no mes de maio.
Ligazón ao resto de información da mesa sectorial celebrada o 6 de xuño de 2019