Calendario
Eventos do mes Xuño de 2021
Instrucións para o curso 2021/2022
Publicadas no DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.
Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos
No DOG a resolución coas instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/22.
Direccións nos CIFP
Publicada no DOG a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.
Concurso de méritos para distintos postos de traballo
Publicada a convocatoria de concurso de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.
Programa Galimiens
Publicada a convocatoria e selección de centros públicos para participar no programa de intercambio en liña GALIMIENS con alumnado de centros educativos da Académie d’Amiens (Francia) durante o curso 2021/2022.
Concurso de destinos provisionais (CADP)
Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso 2020/2021 para o persoal docente que non teña destino definitivo.
Mapa coa oferta de FP
Habilita a Consellaría de Educación un mapa da oferta de FP por familia profesional e por provincia e concello así como os buscadores de ciclos e centros con oferta para curso 2021/2022.
Aulas de emprendemento en FP
Publicada na web da Consellaría a listaxe de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento na formación profesional en centros públicos durante o curso 2021/2022.
Prazas sometidas a convenio
Convocado o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira para cubrir prazas de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da consellería.
Oferta de FP dual
Publicada no DOG a actualización da oferta de formación profesional dual e de cursos de especialización en centros públicos para o curso académico 2021/22.
Toma de posesión do profesorado do último CXT
Publicadas na páxina web da Consellaría as instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo nos últimos concursos de traslados.
Fomento do galego en centros privados
Publicadas as subvencións para o financiamento dos proxectos do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada.
Retirada das publicacións presentadas para o CXT
Anuncia a Consellaría o prazo e os requisitos exixidos para retirar as publicacións que se presentaron para a súa valoración de cara ao baremo do concurso de traslados.
Premios SuperReto Digicraft
Anúncianse que lle será entregado o premio aos centros gañadores do SuperReto Digicraft "Como vían os alumnos e as alumnas o Cole do Futuro?".
Premios Innovagal
Convocados os premios educativos Innovagal para o profesorado e centros docentes públicos durante o curso escolar 2021/2022.
Plan Proxecta+
Na web da Consellaría a resolución coas bases para a participación dos centros no plan Proxecta+ durante o curso 2021/22.
Centros co programa Plurinfantil
Publícanse as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2021-2022.
Rede de centros plurilingües
Na web da Consellaría as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2021-2022.
Bacharelato de especialización de idiomas
A Consellaría anuncia a listaxe provisional de centros admitidos no programa Pluribach para o curso 2021-2022.
Premio Boas prácticas de educación inclusiva
Anuncia a Consellaría a convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2020/21.
Desenvolvemento dos ciclos formativos
Na web da Consellaría aparecen as instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022.
Instrucións para o desenvolvemento do ensino obrigatorio
Publica a Consellaría na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no curso académico 2021/2022.
Intercambios escolares EduExchanges
A Consellaría anuncia que amplía o prazo para solicitar a participación na convocatoria do programa Intercambios Escolares EduExchanges durante o curso 2021/2022.
Programa Educación Responsable
Na web da Consellaría os centros seleccionados e excluídos para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2021/22.
Cambios en dous tribunais das oposicións
A Consellaría anuncia cambios de sede relativos aos tribunais 6 e 7 da especialidade de Audión e Linguaxe en Ourense.
Concurso de atención preferente
Na web da Consellaría aparece a convocatoria do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en practicas do corpo de mestres para cubrir , en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP
Resolta a convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en CIFPs durante o ano 2021.
Expediente de datos persoais
Publicada no DOG a orde que regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente.
Corrección de erros nos tribunais das oposicións
Publicadas no DOG rectificacións sobre o nomeamento dalgúns membros dos tribunais que actuarán nas oposicións que se celebrarán en xuño de 2021.
Acreditación de competencias profesionais
No DOG a Orde que regula o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Oferta de FP ordinaria e de adultos
Actualiza a Consellaría na súa páxina web a oferta de formación profesional polo réxime ordinario e polo réxime para as persoas adultas.
Plan anual de formación do profesorado
Publica a Consellaría na súa páxina web o Plan de formación do profesorado para o curso 2021-22.
Plans de formación permanente do profesorado
Anúnciase a convocatoria da selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos no curso 2021/2022.
Clube de ciencia
Publicada na páxina web da Consellaría a convocatoria no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2021/22.
Rede de acompañamento e orientación persoal e familiar
Anúnciase na páxina web da Consellaría a creación dunha Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia no marco do Plan Recupera.
Contratos programa Recupéra-T
Na web da Consellaría publícanse as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros públicos para o curso 2021/22.
Nova corrección de erros nas datas das oposicións
Publica a Consellaría unha segunda corrección de erros que afecta as datas, horas e lugares en que se realizará a primeira proba dalgunhas especialidades das oposicións.
Dobre titulación de Bacharelato
Publicada a resolución que regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat -Bachibac- para o curso 2021/22.
Contratos programa Inclúe
Na web da Consellaría a convocatoria dos Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos para o curso 2021/22.
Contratos programa Innova
Anúnciase na páxina web da Consellaría a convocatoria dos Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos para o curso 2021/22.
Modificación nas datas, horas e lugares das oposicións
Publicada na web da Consellaría unha modificación nalgunhas datas, horas e lugares das oposicións que terán lugar en xuño de 2021.
Licenzas por formación para o profesorado
Publica a Consellaría a resolución pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2021/22.
Datas, horas e lugares das oposicións
Anunciada na web da Consellaría a resolución pola que se fan públicas as datas, as horas e os lugares en que se fará a primeira proba das oposicións en xuño de 2021.
Distribución de aspirantes por tribunal
Publicada a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos que terán lugar en xuño do 2021.
Oferta de FP ordinaria
No DOG a actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, para o curso académico 2021/22.
Oferta modular para adultos
Publicada no DOG a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o curso 2021/22.
Tribunais das oposicións
Publicados no DOG os tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso aos corpos docentes que terán lugar a partir de xuño do 2021.
Calendario escolar
Publica a Consellaría no DOG a orde onde se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22.
Probas de nivel lingüístico nos centros non plurilingües
Resolución no DOG coa xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.
Ciclos formativos plurilingües
Publicada a resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2021/22.
Premios na ESO ao rendemento académico
Convocados no DOG os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21.
Tribunais de cátedras
Publicado o resultado do sorteo público dos/as vogais que actuarán no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Programa Atrévete
Publicada na web da Consellaría a relación do alumnado premiado no concurso "Atrévete a ter unha idea".
Programa Educación Responsable
Na web da Consellaría a listaxe provisional dos centros admitidos e excluídos na convocatoria para participar no programa " Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade" para o curso 2021/22.
Lectorados de lingua galega
Publicada no DOG a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021.
Bolsas de formación nos lectorados de galego
No DOG as bases e a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021.
Proxectos de fomento do uso do galego
Publica a Consellaría as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos para o curso escolar 2020/21.
Formación práctica en centros de traballo
No DOG a convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Oferta de emprego docente do ano 2021
Publica o DOG o decreto coa a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes para o ano 2021.
Direccións nos CIFP
Publicada a orde pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.