Calendario
Eventos do día 18 de Xuño de 2021
Centros co programa Plurinfantil
Publícanse as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2021-2022.
Rede de centros plurilingües
Na web da Consellaría as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2021-2022.
Bacharelato de especialización de idiomas
A Consellaría anuncia a listaxe provisional de centros admitidos no programa Pluribach para o curso 2021-2022.
Premio Boas prácticas de educación inclusiva
Anuncia a Consellaría a convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2020/21.
Desenvolvemento dos ciclos formativos
Na web da Consellaría aparecen as instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022.
Instrucións para o desenvolvemento do ensino obrigatorio
Publica a Consellaría na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato no curso académico 2021/2022.
Intercambios escolares EduExchanges
A Consellaría anuncia que amplía o prazo para solicitar a participación na convocatoria do programa Intercambios Escolares EduExchanges durante o curso 2021/2022.