Calendario

Eventos do mes Xullo de 2021

Outros 30/07/2021
Adxudicación do CADP de secundaria

Publicada na web da Consellaría a adxudicación provisional dos destinos provisionais entre o persoal docente dos corpos de secundaria para o curso académico 2021/22.

Outros 30/07/2021
Atención a alumando de escolarización preferente

Resolución definitiva do concurso de méritos específico de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

Outros 30/07/2021
Ciclos formativos plurilingües

Publica a Consellaría na súa web a listaxe provisional de ciclos formativos plurilingües autorizados da convocatoria 2021-2022.

Convocatorias 30/07/2021
Resolución provisional do FAS

Período de reclamación de 10 días hábiles (até o 13 de agosto).

Outros 28/07/2021
Formación do alumnado en linguas estranxeiras

Publicada a listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2021/2022.

Outros 27/07/2021
Adxudicación do CADP de primaria

Publicada na web da Consellaría a adxudicación provisional dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 ao persoal do corpo de mestres.

Outros 27/07/2021
Centros con seccións bilingües

Na web da Consellaría a relación definitiva de centros con seccións bilingües admitidas e excluídas para o curso 2021/2022.

Convocatorias 26/07/2021
Outros 26/07/2021
STEMbach

Publícase na web da Consellaría a resolución definitiva de centros autorizados para a implantación e continuidade no STEMbach durante o curso 2021/2022.

Convocatorias 23/07/2021
Resolución provisional de licenzas por formación

Prazo de dez días hábiles (até o 6 de agosto de 2021, incluído) para reclamacións e renuncias.

Resolución provisional

Baremo resolución provisional

Outros 22/07/2021
Direccións nos CFR e CAFI

Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas seleccionadas por praza e prazas declaradas desertas de dirección dos CFRs e de asesorías do CAFI e dos centros de formación e recursos.

Outros 21/07/2021
Concurso de cátedras

Informa a Consellaría na súa páxina web sobre diversos aspectos relacionados co desenvolvemento do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de EOIs.

DOG 21/07/2021
Autorización á universidade privada

Publicada no DOG a Lei de recoñecemento da universidade privada 'Universidad Intercontinental de la Empresa' con sede en Galiza.

Outros 21/07/2021
Concurso de atención preferente

Publicación na web da Consellaría da adxudicación provisional do concurso específico do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

Outros 20/07/2021
Comisións de conciliación

Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar.

Outros 20/07/2021
Comisións de saúde

Resolución definitiva na web da Consellaría de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde para o vindeiro curso 2021/2022.

Outros 20/07/2021
Programa CUALE

Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2021/2022.

DOG 19/07/2021
Publicacións presentadas para o CXT

A Consellaría anuncia a apertura dun novo prazo para a retirada das publicacións presentadas polo persoal participante nos concursos de traslados.

DOG 19/07/2021
Programa Galimiens

A Consellaría publica na súa web a resolución provisional de centros beneficiarios das axudas  para participar no programa Galimiens de intercambio en liña de alumnado.

DOG 16/07/2021
Prazo para restrición de zona nas interinidades ou substitucións

Comeza hoxe o prazo polo que o persoal interino ou substituto pode optar por realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.

DOG 16/07/2021
Direccións nos CFR e CAFI

Na web da Consellaría a relación de puntuacións provisionais das persoas candidatas a prazas de dirección dos CRFs e de asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos correspondentes á Fase A do concurso (méritos e proxecto).

DOG 15/07/2021
Profesorado que superou a fase de prácticas

No DOG a orde pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019.

DOG 15/07/2021
Bacharelato para persoas adultas

A Consellaría publica na súa web a circular que regulará a organización e posta en funcionamento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, nos IES e centros EPA autorizados para impartilas, no curso 2021-2022.

DOG 15/07/2021
Ensinanzas básicas para adultos

Na web da Consellaría a circular pola que se ditan Instrucións sobre a organización e o funcionamento dos centros EPA e dos IES que impartan ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia no curso 2021-22.

DOG 14/07/2021
Decreto de transformación e peche de centros

DECRETO 107/2021, do 1 de xullo, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional e se trasladan ensinanzas. Ligazón

DOG 14/07/2021
Tribunais dos procesos selectivos

Publica a Consellaría na súa web a composición dos tribunais constituidos para xulgar as probas dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes e procedemento de adquisición de novas especialidades convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020.

DOG 13/07/2021
PluriBach

Publicada a a listaxe definitiva de centros admitidos no programa Pluribach para o curso 2021-2022.

DOG 13/07/2021
Plurinfantil

Na web da Consellaría as listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2021-2022.

DOG 13/07/2021
Rede de centros plurilingües

Publicadas as listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2021-2022.

DOG 12/07/2021
Materias de libre configuración autonómica

Publicada unha ampliación da relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de bacharelato.

Outros 09/07/2021
Protocolo COVID para o curso 2021/22

Publicado o protocolo COVID para o curso 2021/22

Outros 08/07/2021
FP dual

Publicadas na web da Consellaría as listaxes definitivas de solicitudes de admisión aos proxectos de formación profesional dual para o curso 2021-2022.

DOG 07/07/2021
Novos centros para o CADP

Engadidos varios centros para que poidan ser solicitados no Concurso de adxudicación de destinos provisionais.

DOG 07/07/2021
Premios na ESO ao rendemento académico

Publicada a resolución que recolle a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios da ESI ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21 así como as instrucións para a realización da proba.

Outros 07/07/2021
Materias de libre configuración autonómica

Anúnciase a próxima publicación dunha orde pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta.

Outros 07/07/2021
Participación no CADP

Na web da Consellaría as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais así como as solicitudes de non participación para o curso 2021/2022.

DOG 05/07/2021
Cursos de especialización na FP

Publícase no DOG unha orde pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización de formación profesional no ano académico 2021/22.

Outros 05/07/2021
Programa PLAMBE

Na web da Consellaría a resolución provisiónal da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos para o curso 2021/2022.

Outros 05/07/2021
STEMbach

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación de centros autorizados e de continuidade para participar no Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) durante o curso 2021/22.

DOG 02/07/2021
Instrucións para as Escolas de idiomas

Publicadas no DOG as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2021/22.

DOG 02/07/2021
Instrucións para as universidades

Publica a web da Consellaría as instrucións coas medidas de adaptación das universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/2022.

DOG 01/07/2021
Curso para o desenvolvemento da función directiva

Publicada a convocatoria do curso de formación para o desenvolvemento da función directiva, no ano 2021, que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos.

DOG 01/07/2021
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Publicada no DOG a orde coa convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21.

Outros 01/07/2021
Plans de formación permanente do profesorado

Publicada unha modificación dos apartados 6 e 10 da selección de plans de formación permanente do profesorado para o curso 2021/22.

Outros 01/07/2021
Innovación educativa en dinamización lingüística

Publicada a resolución da convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2020/2021.

< Xullo 2021 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario