Calendario
20/07/2021
Comisións de conciliación
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar.
Comisións de saúde
Resolución definitiva na web da Consellaría de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde para o vindeiro curso 2021/2022.
Programa CUALE
Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2021/2022.