Calendario
01/07/2021
Curso para o desenvolvemento da función directiva
Publicada a convocatoria do curso de formación para o desenvolvemento da función directiva, no ano 2021, que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Publicada no DOG a orde coa convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21.
Plans de formación permanente do profesorado
Publicada unha modificación dos apartados 6 e 10 da selección de plans de formación permanente do profesorado para o curso 2021/22.
Innovación educativa en dinamización lingüística
Publicada a resolución da convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2020/2021.