Calendario
Eventos do día 11 de Xuño de 2021
Dobre titulación de Bacharelato
Publicada a resolución que regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat -Bachibac- para o curso 2021/22.
Contratos programa Inclúe
Na web da Consellaría a convocatoria dos Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos para o curso 2021/22.
Contratos programa Innova
Anúnciase na páxina web da Consellaría a convocatoria dos Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos para o curso 2021/22.
Modificación nas datas, horas e lugares das oposicións
Publicada na web da Consellaría unha modificación nalgunhas datas, horas e lugares das oposicións que terán lugar en xuño de 2021.