Calendario
Eventos do día 04 de Xuño de 2021
Tribunais das oposicións
Publicados no DOG os tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso aos corpos docentes que terán lugar a partir de xuño do 2021.
Calendario escolar
Publica a Consellaría no DOG a orde onde se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22.
Probas de nivel lingüístico nos centros non plurilingües
Resolución no DOG coa xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.
Ciclos formativos plurilingües
Publicada a resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2021/22.
Premios na ESO ao rendemento académico
Convocados no DOG os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21.
Tribunais de cátedras
Publicado o resultado do sorteo público dos/as vogais que actuarán no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Programa Atrévete
Publicada na web da Consellaría a relación do alumnado premiado no concurso "Atrévete a ter unha idea".
Programa Educación Responsable
Na web da Consellaría a listaxe provisional dos centros admitidos e excluídos na convocatoria para participar no programa " Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade" para o curso 2021/22.