Calendario

Eventos do mes Maio de 2021

Outros 31/05/2021
Protocolo COVID para as oposicións

Publica a Consellaría na súa web o protocolo de adaptación á situación xerada pola COVID-19 en relación á celebración dos procesos selectivos do profesorado de xuño de 2021.

DOG 28/05/2021
Centros E-dixgal

Publicada no DOG a relación de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.

DOG 26/05/2021
Parámetros de ponderación das materias de bacharelato

Publícase no DOG a relación con todos os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/22.

Outros 24/05/2021
Concurso Eduemprende Idea 2021

Publicada na web da Consellaría a relación de proxectos admitidos ó concurso Eduemprende Idea 2021. 

DOG 24/05/2021
STEMbach

Publicada a resolución sobre o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2021/22.

DOG 21/05/2021
Tribunais do concurso de cátedras

No DOG publícase a data do sorteo e a composición dos tribunais cualificadores do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de secundaria, artes plásticas e deseño e de EOIs.

DOG 21/05/2021
Resolución definitiva do CXT de mestres

Publícase no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres.

Outros 21/05/2021
Comisión de servizo por conciliación

Anúnciase que o prazo único para a solicitude de comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida laboral e familiar será do 24 de maio ao 4 de xuño, ambas as datas inclusive.

Outros 21/05/2021
Comisión de servizos por motivos de saúde

Anúnciase que o prazo único para a solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde será do 24 de maio ao 4 de xuño, ambas as datas inclusive.

Outros 19/05/2021
Axudas a centros privados concertados

Publicadas as axudas a centros privados concertados destinadas á contratación de auxiliares de conversa en linguas estranxeiras.

Outros 19/05/2021
Interinidades en emerxencias e protección civil

Anúnciase a apertura de listaxes de interinidades e substitucións como profesor especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio de técnico en Emerxencias e Protección Civil.

Outros 19/05/2021
Bibliotecas escolares solidarias

Na web da Consellaría os novos centros seleccionados no Voluntariado de lectura-A (primaria) e para os Selos Biblioteca escolar solidaria.

Outros 18/05/2021
Non participación no CADP

Anúnciase que comeza o prazo para solicitar a non participación no Concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2021-2022.

DOG 18/05/2021
Fondo de acción social

Publicados no DOG os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

DOG 14/05/2021
CXT de secundaria no DOG

Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados 2020/2021 do profesorado de ensino secundario, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores.

Outros 13/05/2021
Resolución definitiva CXT de secundaria

Publicada a resolución definitiva do concurso de traslados para catedráticos e profesores de ensino secundario, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores. 

Outros 12/05/2021
Listaxe definitiva de persoal admitido para as oposicións

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación definitiva de persoal admitido e excuído dos procedementos selectivos que terán lugar en xuño de 2021.

Outros 12/05/2021
Tribunais da proba de galego das oposicións

Na web da Consellaría unha corrección de erros relativa á distribución de determinados aspirantes que deban realizar a proba de acreditación do coñecemento do galego para as oposicións 2020.

Outros 12/05/2021
Vacantes definitivas do concurso de traslados

Na web da Consellaría publícanse as vacantes definitivas para o concurso de traslados do ano 2021.

Outros 12/05/2021
Proxecto E-Dixgal

Na web a resolución definitiva de centros novos admitidos e centros que implementan ou renucian a 3º e 4º ESO no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.

Outros 12/05/2021
Aulas de emprendemento en FP

Listaxe definitiva na web da Consellaría de centros presentados para participar na convocatoria do programa Aulas de emprendemento na FP de ciclos medios e superiores durante o curso 2021.

Outros 11/05/2021
Probas de galego e castelán das oposicións

Publicadas as sedes dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento de galego e de castelán das oposicións que terán lugar en xuño de 2021.

Outros 11/05/2021
Radio na Biblio

Na web da Consellaría a resolución da convocatoria do III Concurso de Podcasts - Radio na biblio.

Outros 07/05/2021
Tribunais de galego e castelán das oposicións

Publicada na web da Consellaría a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá para as oposicións de xuño do 2021.

Outros 07/05/2021
Interinidades en varias especialidades de música

Publicada a listaxe definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo para impartir  as especialidades de música de acordeón, arpa, frauta travesa, guitarra, piano, violín e linguaxe musical.

Outros 07/05/2021
Estadías formativas en empresas para profesorado

Publicada a selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2021 destinadas ao profesorado de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 06/05/2021
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP

Publicada a listaxe definitiva de proxectos admitidos e excluídos do programa para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na FP en CIFPs.

DOG 05/05/2021
Novas ensinanzas para un centro privado

Autorizada a implantación de dou novos ciclos superiores no centro privado Aloya, de Vigo.

DOG 04/05/2021
Bibliotecas escolares

Convocado no DOG o plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2021/22.

DOG 04/05/2021
Probas CELGA

No DOG anúncianse as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021.

DOG 03/05/2021
Premios extraordinarios de FP

Publicada no DOG os membros e a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2019/20.

< Maio 2021 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario