Calendario

Eventos do mes Abril de 2021

Outros 30/04/2021
Concurso de cátedras

Publicada a listaxe provisional de profesorado admitido e excluído do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

DOG 30/04/2021
Selección e nomeamentos das direccións

No DOG a convocatoria concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.

Outros 29/04/2021
Tribunais das oposicións

Publicado o resultado do sorteo dos tribunais que actuarán como vogais nas oposicións que terán lugar en xuño de 2021.

Outros 27/04/2021
Aulas de emprendemento en FP

Publicada a listaxe provisional de centros presentados para participar no programa Aulas de emprendemento na formación profesional en centros públicos durante o curso 2021.

Outros 26/04/2021
Dobre titulación de Bacharelato

Publicado o tribunal que avaliará a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2020/2021.

Outros 26/04/2021
Estadías formativas en empresas para profesorado

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional das estadías formativas en empresas para o ano 2021 destinadas ao  profesorado de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 23/04/2021
Premio dos Clubes de lectura

A Consellaría anuncia, co gallo da celebración hoxe 23 de abril do Día do Libro, que o premio dos Clubes de Lectura á autora galega máis lida é para Eva Mejuto.

Outros 23/04/2021
Interinidades en procesos de xestión administrativa

Publica a web da Consellaría a relación definitiva de persoal admitido e excluído das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PTFP, especialidade de procesos de xestión administrativa.

DOG 22/04/2021
Premios extraordinarios de bacharelato

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21.

DOG 22/04/2021
Novo nome para a EEI de Sarria

No DOG a autorización do cambio de denominación específica da EEI de Sarria que pasará a chamarse EEI Xela Arias.

DOG 22/04/2021
Concurso de orientación

Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación.

DOG 22/04/2021
Concurso de adultos

No DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Outros 21/04/2021
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP

Publicada na web da Consellaría a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos no programa Espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en CIFP.

Outros 20/04/2021
Interinidades en varias especialidades de música

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de admitidos e excluídos nas especialidades de acordeón, arpa, frauta travesa, fundamentos de composición, guitarra, piano, violín e linguaxe musical.

Outros 19/04/2021
Listaxe provisional de profesorado admitido para as oposicións

Publica a web da Consellaría a listaxe provisional de profesorado admitido e excluído no concurso oposición 2020 para acceso ao corpo de inspectores, mestre, secundaria, EOI, artes plásticas e deseño, música e FP.

Outros 16/04/2021
Concurso Eduemprende Idea 2021

Convocado concurso Eduemprende Idea 2021 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Outros 16/04/2021
Día mundial da internet

Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para participar nos certames convocados co gallo da  celebración o 17 de abril do Día mundial da internet.

Outros 14/04/2021
Interinidades en procesos e produtos en madeira e moble

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva da listaxe de interinidades e substitucións e o baremo definitivo da especialidade de procesos e produtos en madeira e moble (secundaria).

Outros 14/04/2021
Interinidades en procesos comerciais

Resolución definitiva na web da Consellaría da listaxe de interinidades e substitucións da especialidade de procesos comerciais do corpo de de PTFP.

Outros 14/04/2021
Interinidades en administración de empresas

Publica a Consellaría a resolución definitiva da listaxe para cubrir interinidades e substitucións en administración de empresas (corpo de profesorado de secundaria).

Outros 14/04/2021
Interinidades en organización e xestión comercial

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva da listaxe de interinidades e substitucións no corpo de profesorado de secundaria, especialidade de organización e xestión comercial.

Outros 14/04/2021
Concurso de traballo por proxectos

Convoca a Consellaría o VII Concurso de traballo por proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar para o curso 2020/2021.

BOE 13/04/2021
Convenio entre MUFACE e o SERGAS

Publica o BOE a resolución que recolle o convenio asinado entre MUFACE e o SERGAS que regula a prestación de determinados servizos sanitarios nas zonas rurais.

Outros 13/04/2021
Resolución definitiva concurso de orientación

PUblicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 13/04/2021
Concurso de adultos

Na web da Consellaría a adxudicación definitiva e a lista de excluidos do concurso de traslados específico  do corpo de mestres e dode profesores de secundaria  para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

Outros 13/04/2021
Interinidades en instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos

Publica a Consellaría na súa web a resolución definitiva da listaxe de interinidades e substitucións e o baremo definitivo da especialidade de ensino secundario de instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos.

Outros 13/04/2021
Interinidades en matemáticas

Publicada a resolución definitiva da listaxe para cubrir interinidades e substitucións así como o baremo definitivo da especialidade de matemáticas de ensino secundario.

Outros 13/04/2021
Auxiliares de conversa para centros privados

A Consellaría publica a resolución coas axudas provisionais destinadas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa.

DOG 12/04/2021
Premios extraordinarios de FP

Publicada a orde pola que se convocan os premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2019/20.

DOG 12/04/2021
Programa Educación Responsable

Na web da Consellaría publícase a convocatoria para centros de educación infantil, primaria e secundaria, educación especial e FP para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2021/22.

Outros 12/04/2021
Exposición sobre Xela Arias

Publica a Consellaría na súa páxina web a resolución do concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Xela Arias, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

Outros 09/04/2021
Interinidades en vela

Na web da Consellaría a relación definitiva de profesorado admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela.

DOG 08/04/2021
Novas unidades para un centro privado

Autorizadas 4 unidades de secundaria para o centro privado Andaina (Culleredo).

Outros 08/04/2021
Bibliotecas escolares solidarias

Ampliada a convocatoria do programa Bibliotecas escolares solidarias no relativo ás accións "Voluntariado de Lectura-A" e "Selo Biblioteca Escolar Solidaria" para o curso 2020/2021.

Outros 08/04/2021
Interinidades en condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos

Publicada a resolución definitiva das listaxes de interinidades ou substitucións para profesorado especialista de condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos.

Outros 07/04/2021
Aulas de emprendemento en FP

Convocado o programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2021. Remata o prazo de presentación de solicitudes o 17 de abril.

DOG 06/04/2021
Bacharelato de especialización de idiomas

Publicada a resolución que regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2021/22.

Outros 06/04/2021
Aclaracións á orde sobre a obxectividade na avaliación

Publica a Consellaría unha circular con algunhas precisións á orde pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e á reclamación das cualificacións en infantil, primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021.

DOG 05/04/2021
Novos centros plurilingües

Publica o DOG a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües para o curso 2021/22.

DOG 05/04/2021
Plurilingüismo en infantil

Publicada a resolución que regula o Programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2021/22.

DOG 05/04/2021
Novas seccións bilingües

Publicada no DOG a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sustentados con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2021/22.

DOG 05/04/2021
Programa CUALE para o alumnado

No DOG publícase a resolución pola que se autoriza aos centros públicos para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale para o curso 2021/22.

Outros 05/04/2021
Estadías formativas en empresas para profesorado

Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas para o ano 2021 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

< Abril 2021 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario