Calendario
Eventos do mes Marzo de 2021
Novo centro privado
Publicada a autorización da apertura e o funcionamento do centro privado de educación especial Amencer-Aspace de Vigo.
Proxectos de innovación na FP
Publicada a relación de premios para os proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Bacharelato para maiores de 20 anos
Anunciada a composición do tribunal que que avaliará e supervisará a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos do ano 2021.
Concurso de Podcasts 'A Radio na Biblio'
Publicada na web da Consellaría a convocatoria do concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG).
Cursos CELGA
No DOG a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021.
Modificación da orde das oposicións
Publícase no DOG a orde de convocatoria de oposicións coas modificacións acordadas pola Administración debido ao estado de alarma decretado para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Novos ciclos para un centro privado
Autorízase a impartición no centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña) de varios ciclos de FP.
Proxecto E-Dixgal
Convocada e publicada na web da Consellaría a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.
Interinidades en estética
Publica a Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PTFP da especialidade de estética.
Interinidades en procesos comerciais
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións do corpo de PTFP, especialidade procesos comerciais.
Interinidades en organización e xestión comercial
Resolución provisional na web da Consellaría da persoal admitido e excluído e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en organización e xestión comercial (secundaria).
Interinidades en administración de empresas
Publicada a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións do corpo de secundaria, especialidade administración de empresas.
Interinidades en procesos de produción agraria
Listaxe definitiva na web da Consellaría para cubrir interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos de produción agraria.
Reclamacións das cualificacións
Publicada a Orde pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se estabelece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Concurso de traslados de mestres
Publicada a resolución provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres.
Concurso de orientación
Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Concurso de adultos para mestres
Publicada a resolución provisional do concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Interinidades en procedementos sanitarios e asistenciais
Publica a web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Procedementos sanitarios e asistenciais.
Interinidades en técnicas e procedementos de imaxe e son
Na web a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en PTFP na especialidade de Técnicas e procedementos de imaxe e son.
Non obriga de presentarse ás oposicións para o profesorado interino
Publícase no DOG a disposición transitoria do acordo que regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto onde se recolle que non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos que se realicen no ano 2021.
Probas de certificación das EOI
Publícase unha circular onde se regulan para o curso 2020-2021 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial.
Proxecto Digicraft no teu cole
Publicada a relación definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Digicraft no teu cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2020-2021.
Folga de mulleres do 8 de marzo
Publicados no DOG os servizos mínimos durante a folga de mulleres convocada para o día 8 de marzo de 2021.
Acceso a ciclos formativos
Resolución no DOG que nomea o tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2021.
Concurso de traslados de secundaria
Publicada na web da Consellaría a adxudicación provisional do CXT dos corpos de secundaria, EOI, música, artes plásticas..., para o curso 2021-2022.
Concurso de adultos
Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico de profesores de ensino secundario para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.