Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2021
Interinidades en instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos
Publica a web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido excluído e admitido e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos (PTFP).
Interinidades en procesos sanitarios
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en procesos sanitarios (secundaria).
Interinidades en navegación e instalacións mariñas
Na web as persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en navegación e instalacións mariñas (secundaria).
Interinidades en máquinas, servizos e produción
Publica a web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de PTFP, especialidade de máquinas, servizos e produción.
Interinidades en procesos e produtos en madeira e moble
Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de profesorado admitido e excluído para as listaxes de interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de procesos e produtos en madeira e moble.
Admisión de alumnado
Publicado que o resultado do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021/2022 son 'W' e 'S' para o primeiro apelido e 'B' e 'F' para o segundo.
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE
No DOG a resolción das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2020/21.
Instrucións para a ABAU
Publicada a resolución coas instrucións para realizar, dentro do curso 2020/21, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2021/22.
Bacharelato para maiores de 20 anos
Publicada a resolución coa convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e coas instrucións para a súa realización.
Interinidades en matemáticas
Na web da Consellaría publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de secundaria, especialidade de matemáticas.
Interinidades en estética
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de estética.
Interinidades en condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos
Publicada na web da Consellaría a relación provisional e o baremo provisional de profesorado admitido e excluído da listaxe de interinidades e substitucións como profesor especialista do módulo de condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos.
Interinidades en vela
Na web da Consellaría publican a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela no corpo de profesores de ensino secundario e de profesorado especialista.
Interinidades en técnicas e procedementos de imaxe e son
Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en PTFP na especialidade de técnicas e procedementos de imaxe e son.
Instrucións para o ensino virtual
A Consellaría fai pública a resolución pola que dita instrucións para o desenvolvemento do ensino virtual garantindo a atención á diversidade e pola que estabelece un plan específico de actuación.
Premios para proxectos de innovación
Publicada a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluídos nos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Proxecto Digicraft
Na web da Consellaría a relación provisional de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft no teu Cole no marco do Plan Digitalent, durante os cursos 2020/21 e 2021/22.
Plan de benestar emocional
A Consellaría publica un Plan de Benestar Emocional que pon a disposición dos centros educativos 24 actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia.
Vacantes provisionais do concurso de traslados
Publicadas na páxina web da Consellaría as vacantes provisionais para o concurso de traslados do 2020/2021.
Interinidades en música do corpo de mestres
Na web da Consellaría a resolución definitiva da listaxe de interinidades e substitucións da especialidade de música do corpo de mestres.
Interinidades en relixión evanxélica
Anuncia a Consellaría a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades ou substitucións en relixión evanxélica no corpo de profesorado de relixión de primaria.
Interinidades en procesos de produción agraria
A web da Consellaría publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos de produción agraria.
Interinidades en física e química
Publicadas na web da Consellaría as listaxes definitivas e o baremo definitivo e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de física e química.
Interinidades en tecnoloxía
A Consellaría publica na súa web a listaxe definitiva e o baremo definitivo de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de secundaria, especialidade de tecnoloxía.
Interinidades en laboratorio
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en PTFP, especialidade de laboratorio.
Admisión de alumnado
Anúnciase que o sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021 será o 25 de febreiro.
Confección de nóminas
Publicada no DOG a orde de confección de nóminas para o ano 2021.
Interinidades en procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
Pubicada na web da Consellaría a relación definitiva e o baremo definitivo das listaxes para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de FP de procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico.
Interinidades en procesos de xestión administrativa
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional co profesorado admitido e excluído e máis o baremo provisional da listaxe de PTFP de procesos de xestión administrativa.
Interinidades en procedementos sanitarios e asistenciais
Publicada na web da Consellaría a relación provisional e o baremo provisional das listaxes para cubrir interinidades e substitucións en procedementos sanitarios e asistenciais (PTFP).
Formación práctica en centros de traballo
Publicada no DOG a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou formación profesional dual.
DELF escolar
Publica a Consellaría na súa páxina web a información relativa á realización das probas para a obtención do certificado DELF de lingua francesa no ámbito escolar para o curso 2020/2021.
Premios no ámbito da formación profesional
Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados aos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Proxectos de innovación en dinamización lingüística
Na web da Consellaría a convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2020/2021 así como as bases reguladoras para realizalos.
Baremo do CXT
Publicáse na web da Consellaría o baremo do concurso xeral de traslados así como o do concurso específico de adultos e máis do de orientación.
Instrucións para as cafetarías dos centros de ensino
Publícanse na web da Consellaría as instrucións para a habilitación de espazos provisionais nos centros de ensino con cafetería afectada polo peche do seu interior ao consumo por parte do alumnado.
Concurso de curtas Senda dos Faros
Anúnciase a resolución do concurso de curtas A Senda dos Faros, e publica a Consellaría a relación de centros gañadores na súa páxina web.
Interinidades en peiteado
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de FP, especialidade peiteado.
Cursos CELGA
No DOG a resolución pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Interinidades en actividades físico-deportivas no medio natural
A Consellaría anuncia a apertura para cubrir listaxes de interinidades e substitucións na especialidade de FP técnico en condución de actividades físico-deportivas no medio natural.
Interinidades en navegación e instalacións mariñas
Publica a Consellaría a relación provisional e o baremo provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades e substitucións de navegación e instalacións mariñas (secundaria).
Interinidades en máquinas, servizos e produción
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións da especialidade de máquinas, servizos e produción (FP).
Interinidades en música do corpo de mestres
Publicada a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de música do corpo de mestres.
Certame Cooperativismo no ensino
Publicada no DOG o certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.