Calendario
Eventos do día 08 de Febreiro de 2021
Formación práctica en centros de traballo
Publicada no DOG a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou formación profesional dual.
DELF escolar
Publica a Consellaría na súa páxina web a información relativa á realización das probas para a obtención do certificado DELF de lingua francesa no ámbito escolar para o curso 2020/2021.
Premios no ámbito da formación profesional
Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados aos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Proxectos de innovación en dinamización lingüística
Na web da Consellaría a convocatoria para a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2020/2021 así como as bases reguladoras para realizalos.