Calendario
Eventos do día 23 de Febreiro de 2021
Interinidades en estética
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de estética.
Interinidades en condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos
Publicada na web da Consellaría a relación provisional e o baremo provisional de profesorado admitido e excluído da listaxe de interinidades e substitucións como profesor especialista do módulo de condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos.
Interinidades en vela
Na web da Consellaría publican a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela no corpo de profesores de ensino secundario e de profesorado especialista.