Calendario
Eventos do día 26 de Febreiro de 2021
Interinidades en instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos
Publica a web da Consellaría a relación provisional de profesorado admitido excluído e admitido e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en instalación e mantemento de equipamentos térmicos e de fluídos (PTFP).
Interinidades en procesos sanitarios
Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en procesos sanitarios (secundaria).
Interinidades en navegación e instalacións mariñas
Na web as persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en navegación e instalacións mariñas (secundaria).
Interinidades en máquinas, servizos e produción
Publica a web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de PTFP, especialidade de máquinas, servizos e produción.
Interinidades en procesos e produtos en madeira e moble
Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de profesorado admitido e excluído para as listaxes de interinidades e substitucións na especialidade de secundaria de procesos e produtos en madeira e moble.