Calendario
Eventos do día 12 de Abril de 2021
Premios extraordinarios de FP
Publicada a orde pola que se convocan os premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2019/20.
Programa Educación Responsable
Na web da Consellaría publícase a convocatoria para centros de educación infantil, primaria e secundaria, educación especial e FP para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2021/22.
Exposición sobre Xela Arias
Publica a Consellaría na súa páxina web a resolución do concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Xela Arias, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.