Calendario
Eventos do día 15 de Xuño de 2021
Expediente de datos persoais
Publicada no DOG a orde que regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente.
Corrección de erros nos tribunais das oposicións
Publicadas no DOG rectificacións sobre o nomeamento dalgúns membros dos tribunais que actuarán nas oposicións que se celebrarán en xuño de 2021.
Acreditación de competencias profesionais
No DOG a Orde que regula o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Oferta de FP ordinaria e de adultos
Actualiza a Consellaría na súa páxina web a oferta de formación profesional polo réxime ordinario e polo réxime para as persoas adultas.
Plan anual de formación do profesorado
Publica a Consellaría na súa páxina web o Plan de formación do profesorado para o curso 2021-22.
Plans de formación permanente do profesorado
Anúnciase a convocatoria da selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos no curso 2021/2022.