Calendario
Eventos do mes Xuño de 2020
Instrucións para o curso universitario
A Consellaría publica na súa web as instrucións coa previsión de medidas de adaptación das Universidades galegas para o curso 2020/2021.
Concurso de destinos provisionais (CADP)
Publicada no DOG a resolución coas datas para participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2020/2021.
Interinidades en saxofón
Relación definitiva de profesorado admitido e excluído e o baremo definitivo da listaxe para cubrir interinidades ou substitucións na especialidade de saxofón.
Premio Boas prácticas de educación inclusiva
Publicada na web da Consellaría a convocatoria do premio Boas prácticas de educación inclusiva 2020.
Concurso para provisión de postos vacantes de persoal docente no exterior
Prazo de presentación de solicitudes do 30 de xuño al 9 de xullo de 2020
Proxecto europeo Eramus+ KA3
Anunciada na web da Consellaría a convocatoria da selección de centros de primaria e secundaria para a pilotaxe do programa europeo Erasmus+ KA3 que ten por obxecto avaliar as competencias STEM do alumnado.
Oferta de FP ordinaria
Publicada a orde que actualiza a oferta de FP ordinaria para o curso académico 2020/21.
Oferta modular para adultos
Actualizada a oferta modular de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o curso 2020/21.
Proxectos de innovación en dinamización lingüística
A Consellaría anuncia que queda sen efecto a convocatoria do presente curso dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística e indica tamén que os proxectos presentados ao abeiro desta convocatoria serán válidos para a do curso 2020-2021.
Curtas de animación en galego
A Consellaría anuncia que acorda aprazar, por mor da situación creada pola pandemia, a data de entrega das curtas que se elaboren para participar no certame Nós tamén creamos!
STEMweek
Anúnciase que queda sen efecto, debido á crise sanitaria provocada pola COVID-19, a convocatoria de actividades de formación para o alumnado en lingua inglesa, o STEMweek.
Curtas Senda dos Faros
Ampliado o prazo de presentación para participar no concurso de curtas Senda dos Faros até o 30 de setembro.
Estadías formativas en empresas para profesorado
Publicada a resolución definitiva das estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020 destinadas ao profesorado de FP inicial e de artes plásticas e deseño.
Profesor/a de galego en Londres
Publicada no DOG a convocatoria de concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).
Concurso de cátedras
No DOG a convocatoria do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Programa Club de letras
Publicada na páxina web da Consellaría a convocatoria do programa de innovación educativa 'Club de letras' para o curso 2020/2021.
Interinidades en varias especialidades
Publicada a relación definitiva de profesorado admitido para cubrir interinidades en varias especialidades de secundaria e mais de formación profesional.
Toma de posesión do profesorado do último CXT
Publicadas na web da Consellaría as instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo no concurso de traslados do curso 2019-2020.
Comedores escolares
Convocadas axudas destinadas ao cofinanciamento dos comedores escolares xestionados por ANPAS para o curso 2020/2021.
Estadías formativas en empresas para profesorado
Na web da Consellaría a resolución provisional coa selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020 destinadas ao profesorado de FP inicial e de artes plásticas e o deseño.
Proxecto E-Dixgal
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/2021.
Novos ciclos para un centro privado
Publicada a autorización de novos ciclos formativos para seren impartidos polo centro privado Salesianos-A Mercé de Cambados (Pontevedra).
Novo CEIP na Coruña
Publicada no DOG a orde que autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria Novo Mesoiro no concello da Coruña.
Axudas a centros concertados
Publicada a resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para o alumnado en linguas estranxeiras.
Contratación de profesorado na USC
A USC convoca concurso público para a elaboración de listas de agarda de persoal docente e investigador contratado interino para cubrir necesidades docentes urxentes para o curso 2020/2021.
Contratación de PDI na USC
Convocado concurso públido para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado na USC.
Programa Educación responsable
Convocada na web da Consellaría a selección de centros para incorporárense ao Programa 'Educación responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade' para o curso 2020/2021.
Formación práctica en centros de traballo
Publicadas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Fondo solidario de libros de texto e adquisición de material escolar
Publicada unha modificación da Orde pola que se regula a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de primaria, ESO e educación especial.
Programa CUALE
No DOG a resolución coa convocatoria para CPIs, IES e CIFPs para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2020/21.
Proxectos de innovación na FP
Na web da Consellaría está publicada a resolución dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
STEMbach
Publicada no DOG a resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2020/21.
Prórroga das direccións dos centros
Publicada no DOG a orde pola que se autoriza a prórroga do nomeamento das direccións dos centros públicos de ensino.
Proxecto E-Dixgal
Publicada a resolución provisional de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/2021.
Bibliotecas escolares solidarias
Publicada no DOG a orde coa convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2020/2021.
Probas de acceso á universidade (ABAU)
Publicada a composición da Comisión Interuniversitaria de Galicia así como os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da ABAU para o curso 2020/2021.
Estadías formativas para profesorado
Publicado o novo calendario de restablecemento dos prazos da convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Concurso Eduemprende Idea 2020
Publicadas as bases reguladoras e a convocatoria do do concurso Eduemprende Idea 2020, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas.
Interinidades en saxofón
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de saxofón.
Interinidades en operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios.
Novo nome para o CEIP Príncipe Felipe
O CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra pasa a chamarse CEIP Daría González García.
Matrícula nas oposicións
Anúnciase a apertura do prazo para se matricular nas oposicións de ensino para o ano 2021.
Habilitación para a docencia en centros privados
Anúnciase a reanudación do prazo de solicitude de habilitación para impartir docencia nos centros privados.
Prazos de varias listaxes de interinidades
A Consellaría publica na súa páxina web un anuncio relativo á reanudación de prazos de determinadas listas provisionais de interinidades e substitucións.
Bibliotecas escolares solidarias
Na web da Consellaría a ampliación da convocatoria das Bibliotecas escolares solidarias para o curso 2020/2021.
Concurso de Podcasts 'A Radio na Biblio'
Amplíase o prazo para participar no II Concurso de podcasts 'A Radio na biblio'.