Calendario
Eventos do día 10 de Xuño de 2020
Formación práctica en centros de traballo
Publicadas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Fondo solidario de libros de texto e adquisición de material escolar
Publicada unha modificación da Orde pola que se regula a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de primaria, ESO e educación especial.
Programa CUALE
No DOG a resolución coa convocatoria para CPIs, IES e CIFPs para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2020/21.
Proxectos de innovación na FP
Na web da Consellaría está publicada a resolución dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.