Calendario
Eventos do mes Maio de 2020
Aclaracións sobre as instrucións aos centros de ensino
Publicadas na web da Consellaría unhas instrucións que amplían e concretan as do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.
Probas para a obtención do CELGA
Anúnciase o adiamento das probas convocadas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 así como a prolongación do prazo de presentación de solicitudes.
Cartelaría COVID-19
A Consellaría pon a disposición na súa web distintos modelos de cartaces para colocar nos centros de ensino relativos á reapertura escolar no período de emerxencia sanitaria pola COVID-19.
Profesorado vulnerábel pola COVID-19
Na páxina da Consellaría están publicados varios modelos de solicitude dirixidos ao profesorado que poida estar nalgún dos supostos contemplados como eximente de incorporación ao traballo no centro de ensino.
Instrucións para a reapertura dos centros de ensino
Publicada na web da Consellaría a resolución coas instrucións para o que resta do presente curso 2019/2020 e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial dos centros de ensino.
Comisións de servizo por conciliación e de saúde
Publicado no DOG o prazo para solicitar comisións de servizo por conciliación ou por saúde para o curso 2020/2021.
Non participación no CADP
A Consellaría comunica que o prazo para que o profesorado interino e substituto solicite a non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2020-2021 é do 25 de maio ao 12 de xuño.
Axudas para adquirir libros de texo e material escolar
Convocadas no DOG as axudas para mercar libros de texto e material escolar dirixidas a alumnado de primaria, secundaria e educación especial.
E-Dixgal
Anúnciase a reapertura do prazo o luns 18 de maio polo que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21.
Comisións de servizos por conciliación e de saúde
A Consellaría informa que, debido á situación debida á emerxencia sanitaria, non comeza aínda o prazo para a presentación de solicitudes de comisión de servizos por conciliación nin da comisión de servizos por razóns de saúde propia ou dun familiar.
Resolución definitiva do CXT no DOG
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados 2019/2020 no DOG.
Recomendacións sanitarias para os centros de ensino
A Consellaría publica as recomendacións sanitarias para ter en conta na apertura dos centros de ensino a partir do luns 11 de maio para a atención ao público no proceso de admisión de alumnado.
Instrucións para a realización da ABAU
Publicada no DOG a resolución que modifica a anterior referida ás instrucións para a realización da avaliacióno do Bacharelato para o acceso á Universidade no curso 2019/2020.
Novas instrucións para os centros educativos
Publicada no DOG unha resolución que recolle as novas indicacións da Administración autonómica relativas ao proceso de admisión de alumnado, permanencia do equipo directivo nos centros de ensino e a formación en centros de traballo.