Calendario
Eventos do mes Abril de 2020
Instrucións da Consellaría
Publicadas na páxina web da Consellaría as instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso académico 2019/2020.
Directrices ministeriais para o 3º trimestre
Publicadas no BOE as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 así como para o inicio do curso 2020-2021 ante a situación xerada pola pandemia do COVID-19.
Subsidios de MUFACE
No BOE a resolución pola que se garante a continuidade durante o estado de alarma do abono dos subsidios de MUFACE por incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia.
Medidas excepcionais para FP e ensinanzas de réxime especial
Publicadas no BOE as medidas excepcionais para a flexibilización das ensinanzas de Formación profesional e máis de réxime especial co motivo da pandemia da COVID-19.
Acceso á universidade durante a pandemia
Determinadas nunha orde ministerial as características, o deseño e máis o contido da avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade así como outras informacións relacionadas.
Resolución para FP e réxime especial
Na web da Consellaría, a resolución pola que se ditan instrucións coas medidas excepecionais para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional e máis para as de réxime especial.