Calendario
Eventos do mes Marzo de 2020
Axudas a familias beneficiarias do comedor escolar
Publicadas no DOG as axudas extraordinarias dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.
Suspensión actividades formativas da Consellaría
A páxina web da Consellaría anuncia que suspende as edicións formativas presencias que estaba levando a cabo de prevención de riscos laborais debido á crise pola COVID-19.
Recoñecementos médicos do profesorado
A web da Consellaría publica varias aclaracións a respecto do desenvolvemento das probas pendentes relativas á campaña anual de vixilancia da saúde persoal.
Outras instrucións sobre o coronavirus
Publicita a Administración unhas novas instrucións sobre a presenza do equipo directivo nos centros de ensino durante a crise do COVID-19.
Concurso de traslados
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados do 2019/2020 para mestres, PES, PTFP, EOI...
Concurso de centros específicos de adultos
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Concurso de orientación
No DOG a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de departamento de orientación.
Comunicación aclaratoria sobre as instrucións do Coronavirus
Publicadas na web da Consellaría unha comunicación aclaratoria sobre as instrucións ás direccións dos centros educativos sobre a permanencia dos centros de traballo durante o período de suspensión de clases polo Covid-19.
Suspensión da matrícula das oposicións
Dacordo coas medidas tomadas para evitar a propagación da pandemia pola expansión do Covid-19, a Consellaría de Educación anuncia a interrupción do prazo da matrícula das oposicións no ensino.
Actividades formativas en inglés para o alumnado
Convocadas as axudas para a realización de actividades formativas STEM en inglés no ano 2020 destinadas ao alumnado dos centros públicos.
Convocatoria de oposicións
Publicada no DOG a orde coa convocatoria de oposicións do profesorado para o ano 2020. Comeza o prazo de matrícula o 16 de marzo.
Interinidades en inglés e francés de primaria
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de mestres das especialidades de inglés e f rancés.
Novas instrucións sobre o coronavirus
Publicadas instrucións o 13 de marzo de 2020, provisionais, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020.
Probas CELGA
No DOG a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020.
Programa Club de letras
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Letras” no curso 2019/2020.
Medidas a adoptar polo COVID-19
Publicadas as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días contados desde o 16 de marzo.
Resolución definitiva concurso dos centros de adultos
Publicada a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Interinidades en varias especialidades
Relación provisional e baremo provisional de profesorado admitido para as listaxes de interinidades e substitucións nas especialidades de PES de navegación e instalacións mariñas, sistemas electrónicos, sistemas electrotécnicos e automáticos e de PTFP de equipos electrónicos, instalacións electrotécnicas, máquinas, servizos e produción e mecanizado e mantemento de máquinas.
Resolución definitiva concurso de orientación
Publicada na web da Consellaría a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.
Orde das comisións de saúde
Publicada no DOG a orde que regula as comisións de servizo para o persoal docente en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.
Instrucións para a realización da proba de acceso á Universidade
Publicadas no DOG as instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2020/21.
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Publicada na web da Consellaría a listaxe e o baremo definitivos de profesorado admitido para cubrir interinidades e substitucións das especialidades de PES de debuxo, alemán e organización e proxectos de sistemas enerxéticos.
Concurso sobre Carvalho Calero
Publicada a resolución do concurso para elaborar a exposición sobre Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020.
Premios a proxectos de innovación en FP
Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados aos premios para proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP.
Estadías formativas en empresas
Publicada na web da Consellaría a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Proxecto EnCANtame ler
Convocado o Proxecto "EnCANtame ler" de lectura apoiada por cans, destinado a centros públicos de educación infantil e primaria ou centros específicos de educación especial.