Calendario
Eventos do día 13 de Marzo de 2020
Actividades formativas en inglés para o alumnado
Convocadas as axudas para a realización de actividades formativas STEM en inglés no ano 2020 destinadas ao alumnado dos centros públicos.
Convocatoria de oposicións
Publicada no DOG a orde coa convocatoria de oposicións do profesorado para o ano 2020. Comeza o prazo de matrícula o 16 de marzo.
Interinidades en inglés e francés de primaria
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de mestres das especialidades de inglés e f rancés.
Novas instrucións sobre o coronavirus
Publicadas instrucións o 13 de marzo de 2020, provisionais, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020.