Calendario

Eventos do mes Febreiro de 2020

DOG 28/02/2020
Acceso a ciclos formativos

No DOG o tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2020.

Outros 28/02/2020
Premio Boas prácticas de educación inclusiva

Na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros galardoados no Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019.

DOG 27/02/2020
Novos bacharelatos no IES Valadares

Autorizada a implantación das ensinanzas de bacharelato, nas modalidades de Artes e de Ciencias, no IES Valadares de Vigo.

DOG 26/02/2020
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado

Anunciada a próxima convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado.

DOG 24/02/2020
Traslado de ensinanzas

Anúnciase o traslado das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas e bacharelato do IES Universidade Laboral ao IES Rego da Trabe (Culleredo).

DOG 21/02/2020
Interinidades en varias especialidades

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de secundaria en debuxo, alemán e organización e proxectos de sistemas enerxéticos. 

DOG 20/02/2020
Proxecto E-Dixgal

Publicada no DOG a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21.

DOG 19/02/2020
Axudas a centros concertados

Convocadas axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

Outros 18/02/2020
Plan Navega con rumbo

Aberta a convocatoria para participar no IX Edición do Plan Navega con rumbo dirixido preferentemente a alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO.

DOG 17/02/2020
Novas ensinanzas para un centro privado

Autorizada a impartición de novas ensinanzas no centro privado Afundación da Coruña.

DOG 17/02/2020
Nova sede para o CRA da Picaraña

Publicada no DOG a autorización do cambio de sede do CRA da Picaraña (Ponteareas).

Outros 14/02/2020
Curso de especialización en educación emocional

Na web da Consellaría a relación definitiva das persoas seleccionadas, das non seleccionadas e das persoas excluídas para facer o curso de especialización en educación emocional.

DOG 13/02/2020
Inmersión lingüística en inglés

Resolución cos centros participantes naa ctividade de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de 6º de educación primaria e de ESO.

Outros 13/02/2020
Accións de apoio, reforzo de competencias e orientación

Resolución definitiva cos centros seleccionados para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria.

Outros 13/02/2020
Concurso Podcasts-Radio na biblio

Anunciada a convocatoria do II Concurso de podcasts A Radio na biblio dirixida a centros públicos con traballos arredor da figura de Ricardo Carvalho Calero.

Outros 12/02/2020
Formación práctica en centros de traballo

No DOG a resolución coas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

DOG 12/02/2020
Formación práctica en centros de traballo

Publicada a resolución coas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Outros 11/02/2020
Curso de especialización en educación emocional

Publicada a listaxe provisional das persoas seleccionadas, das non seleccionadas e das persoas excluídas para a realización do curso en especialización en educación emocional.

Outros 10/02/2020
Interinidades en saxofón

Na web da Consellaría anúnciase a apertura de listas de interinidades para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade saxofón.

Outros 10/02/2020
Interinidades en varias especialidades

Anúnciase a apertura de listaxes para cubrir interinidades ou substitucións en varias especialidades de secundaria (navegación e instalacións mariñas, sistemas electrónicos, sistemas electrotécnicos e automáticos) e de PTFP (equipos electrónicos, instalacións electrotécnicas, máquinas, servizos e produción, mecanizado e mantemento de máquinas, e operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios).

Outros 06/02/2020
Resolución provisional do CXT de secundaria

Publicada na web da Consellaría a resolción provisional do concurso de traslados do corpo de profesorado de secundaria, PT, EOI, música...

Outros 06/02/2020
Resolución provisional do CXT de mestres

Publicada a resolución provisional do concurso de traslados do profesorado do corpo de mestres.

Outros 06/02/2020
Resolución provisional do concurso de orientación

Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de méritos para ocupar xefaturas do departamento de orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.

Outros 06/02/2020
Resolución provisional do concurso de adultos

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do corpo de mestres e do corpo de PES para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

Outros 05/02/2020
Interinidades en cociña, pastelaría e soldadura

Na web da Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades  e substitucións de PTFP en cociña e pastelaría e soldadura.

Outros 05/02/2020
Listaxe definitiva de substitucións no corpo de mestres

Publicadas na web as listas definitivas e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 do corpo de mestres.

DOG 04/02/2020
Premios de innovación educativa

Convocados os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

DOG 04/02/2020
Concurso sobre consumo responsábel

No DOG a convocatoria dafase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-15 Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?

Outros 04/02/2020
Listaxes de interinidades en informática

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de informática (PES) e de sistemas e aplicacións informáticas (PTFP).

Outros 04/02/2020
Interinidades en varias especialidades de EOI

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de alemán, chinés, italiano e xaponés da Escola Oficial de Idiomas.

Outros 04/02/2020
Admisión de alumnado

Anuncio coa data da celebración do acto público de sorteo no que se extraerán as letras de prioridade do primeiro e segundo apelido, para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2020/2021.

Outros 04/02/2020
Accións de apoio, reforzo de competencias e orientación

Publicada a relación de centros seleccionados para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria.

< Febreiro 2020 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario