Calendario
Eventos do día 04 de Febreiro de 2020
Premios de innovación educativa
Convocados os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.
Concurso sobre consumo responsábel
No DOG a convocatoria dafase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-15 Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?
Listaxes de interinidades en informática
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de informática (PES) e de sistemas e aplicacións informáticas (PTFP).
Interinidades en varias especialidades de EOI
Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de alemán, chinés, italiano e xaponés da Escola Oficial de Idiomas.
Admisión de alumnado
Anuncio coa data da celebración do acto público de sorteo no que se extraerán as letras de prioridade do primeiro e segundo apelido, para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2020/2021.
Accións de apoio, reforzo de competencias e orientación
Publicada a relación de centros seleccionados para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria.