Calendario

Eventos do mes Xaneiro de 2020

Outros 31/01/2020
Curso de especialización en educación emocional

Na web da Consellaría anúnciase a convocatoria dun curso de especialización en educación emocional dirixido a profesorado do ensino público.

DOG 30/01/2020
Axudas para a proxectos de fomento do uso do galego

Publicadas no DOG as axudas convocadas pola Consellaría de Cultura dirixidas a centros públicos para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego para o curso escolar 2019/20.

DOG 30/01/2020
Axudas para centros privados para fomento do galego

No DOG as subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada para o curso escolar 2019/20.

DOG 30/01/2020
Corrección de erros nos cursos CELGA

Publicada unha corrección de erros na última convocatoria de cursos CELGA .

Outros 30/01/2020
Programa Lingua rodada

Amplíase o prazo de inscrición na proba de selección do programa Lingua rodada. 

Convocatorias 30/01/2020
Auxiliares de conversa

Aberto o prazo para os centros de ensino solicitaren auxiliares de conversa.

DOG 29/01/2020
Cursos CELGA

Convocados cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Outros 29/01/2020
Vacantes provisionais do concurso de traslados

Publicada na web da Consellaría a relación de vacantes provisionais para o concurso de traslados do curso 2019/2020.

Outros 28/01/2020
Curtas de animación en galego

Publicada a listaxe de centros admitidos e excluídos no concurso de curtas de animación en galego do programa Nós tamén creamos!

Outros 28/01/2020
Concurso de curtas Senda dos Faros

Ampliado o prazo para participar no concurso de curtas Senda dos Faros.

DOG 27/01/2020
Certificado de prevención de riscos para alumnado de FP

Publicada a Orde que estabelece o procedemento para a expedición da certificación da formación de nivel básico en Prevención de Riscos Laborais para o alumnado dos ciclos formativos de FP inicial.

Outros 27/01/2020
Apertura de listaxes de inglés e francés para primaria

Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Inglés e Francés.

DOG 23/01/2020
Orde de confección de nóminas

Publicada no DOG a orde de confección de nóminas para o ano 2020.

DOG 21/01/2020
Concurso literario sobre Carvalho Calero

A EGAP convoca un Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas sobre o autor homenaxeado este ano 2020, Ricardo Carvalho Calero.

DOG 21/01/2020
Corrección de erros na orde de titulacións para as listaxes de interinidades

Publicada no DOG unha pequena corrección de erros sobre a especialidade de música na orde que estabelece as titulacións que permiten o acceso ás listaxes de interinidades e substitucións.

Outros 21/01/2020
Corrección de erros nas listaxes de alemán

Publicada unha corrección de erros nas listaxes de interinidades e substitucións da Escola de idiomas na especialidade de alemán.

Outros 21/01/2020
Listaxes de cociña e soldadura

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de cociña e pastelaría e soldadura de PTFP.

Outros 21/01/2020
Listaxes de informática e sistemas e aplicacións informáticas

Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en informática (secundaria) e  sistemas e aplicacións informáticas (PTFP).

Outros 20/01/2020
Interinidades na Escola de Idiomas

Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de alemán, chinés, italiano e xaponés da Escola de idiomas.

Outros 15/01/2020
Programa Lingua rodada

Anunciada a convocatoria do programa Lingua rodada da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Outros 15/01/2020
Proxectos de innovación en dinamización lingüística

Na web da Consellaría a convocatoria en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes durante o curso académico 2019/2020.

DOG 13/01/2020
Axudas ás bibliotecas dos centros concertados

Resoltas as axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20.

DOG 10/01/2020
Axudas a centros privados concertados

No DOG a resolución das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/20.

DOG 09/01/2020
Certame Cooperativismo no ensino

Convocado o certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, para o ano 2020.

Outros 09/01/2020
Formación permanente do profesorado

Publicada na web da Consellaría a resolución dos plans de formación permantente do profesorado que se van implantar nos centros de ensino para o curso 2019/2020.

BOE 03/01/2020
Cursos sobre a función directiva

No BOE a convocatoria de cursos titorizados on line para a formación permanente do profesorado do curso sobre o desenvolvemento da función directiva para o ano 2020.

BOE 03/01/2020
Curso Aula do futuro

Convocado no BOE o curso Aula do Futuro para o curso 2020.

< Xaneiro 2020 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario