Calendario
Eventos do mes Decembro de 2019
Decreto coa oferta de emprego público
Publicado o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.
Inmersión lingüística en inglés
Publicadas no BOE as axudas destinadas a alumnado de 6º de primaria e de 2º da ESO para o desenvolvemento dun programa de inmersión lingüística en inglés durante a primavera de 2020.
Actualización das listas de interinidades do corpo de mestres
Incorporación das persoas que se presentaron aos procesos selectivos de 2019 ás listas para substitucións no corpo de mestres. Prazo de reclamación de 5 días hábiles.
Profesorado aprobado nas oposicións
Publicada unha orde que estima os recursos de alzada interpostos por varias persoas opositoras.
Programa Observa_Acción
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa “Observa_Acción” durante o curso 2019-2020.
Clubes de lectura
Na web da Consellaría a relación dos 247 centros que reciben asignación para o funcionamento do club de lectura para o curso 2019/2020.
Listaxe de interinidades e substitucións
Publicada na web da Consellaría a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 de profesorado de secundaria, PTFP, EOIs e profesores de música e artes escénicas.
Apertura de listaxe de interinidades
Anunciada a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para secundaria, especialidade de informática, e para PTFP, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas.
Axudas a centros privados
Publicada a resolución coas axudas dirixidas a escolas de música privadas.
Titulacións para as listaxes de interinidades e substitucións
No DOG a orde coas titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións.
Interinidades en Artes plásticas e deseño
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de Artes plásticas e deseño (595), especialidades de deseño gráfico, fotografía, historia da arte, medios audiovisuais e medios informáticos.
Interinidades en cátedras de música
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en varias especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Curtas de animación en galego
Convocados os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020.
Folga no CPR Sagrado Corazón de Lalín
Publicados no DOG os servizos mínimos ante a folga indefinida convocada pola CIG no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Lalín a partir do día 11 de decembro.
Concurso de curtas
Na web da Consellaría a convocatoria do concurso de curtas Senda dos Faros.
Premio pola igualdade
Na web da Consellaría a relación de centros premiados co Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019.
Programa Observa_Acción
Publicada a resolución provisional dos centros seleccionados e suplentes que participarán no programa de innovación educativa "Observa_Acción" durante o curso 2019-2020.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Convocados no DOG os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19.
Interinidades en cátedras de música
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de catedráticos de música na especialidade de instrumentos históricos de corda fretada.
Servizos mínimos para a folga
Orde cos servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019.
Premios Proxecta
Na web da Consellaría a resolución definitiva dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2019.
Corrección de erros no concurso de adultos
Publicada no DOG unha pequena corrección de erros na convocatoria do concurso de traslados para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Premios de innovación educativa Desafíos STEM
Publicada a resolución definitiva do premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D".