Calendario
Eventos do día 11 de Decembro de 2019
Axudas a centros privados
Publicada a resolución coas axudas dirixidas a escolas de música privadas.
Titulacións para as listaxes de interinidades e substitucións
No DOG a orde coas titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións.
Interinidades en Artes plásticas e deseño
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de Artes plásticas e deseño (595), especialidades de deseño gráfico, fotografía, historia da arte, medios audiovisuais e medios informáticos.
Interinidades en cátedras de música
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en varias especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Curtas de animación en galego
Convocados os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020.