Calendario
Eventos do mes Novembro de 2019
Plan Proxecta
Na web da Consellaría a a listaxe definitiva dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2019/20.
Contratos programa
Publicada a resolución provisional de centros seleccionados cos contratos-programa e coas bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de primaria e secundaria para o curso 2019/20.
Interinidades en especialidades de música e artes escénicas
Publicada a resolución definitiva coas persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das especialidades de instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco, danza española, danza clásica e danza contemporánea.
Espazos Maker
Publicada a resolución definitiva dos centros admitidos para participar no programa de innovación educativa "Espazos Maker" durante o curso 2019/20.
Clube de ciencia
Publicada a resolución definitiva dos centros admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" durante o curso 2019/20.
Fondo de acción social
No DOG as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do 2018, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Resolución concurso Eduemprende
No DOG a resolución do concurso Eduemprende Idea 2019 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Premios a proxectos de innovación en FP
Na web da Consellaría a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Titulacións para as listaxes de interinidades e substitucións
Publicado na web da Consellaría un informe de análise das alegacións presentadas ao proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de secundaria, de FP e de EOIs.
Interinidades en cátedras de música
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional para impartir docencia no corpo de catedráticos de música e artes escénicas en varias especialidades.
Clubes de lectura
Publicada a resolución provisional da convocatoria de Clubs de lectura destinada a centros públicos de ensino secundario para o curso 2019/2020.
Formación para profesorado de FP
Resolución definitiva cos proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van a implantar no curso 2019-2020.
Persoal docente no exterior
No BOE a convocatoria de concurso para a provisión de postos de traballo de persoal docente no exterior.
Nova unidade para un centro privado
Autorizada unha unidade de educación especial no CPR Nuestra Señora del Rosario de Arzúa.
Comisión avaliadora do CXT
No DOG a composición da Comisión Avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.
Concurso de traslados de adultos
Ábrese a convocatoria para participar no concurso de traslados nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Premios Mans Futuro 2019
Convocados os XIV Premios á excelencia musical Mans futuro 2019 nas ensinanzas profesionais e superiores de música.
Apertura de listas de alemán, chinés, italiano e xaponés
Anúnciase a apertura de listaxes de interinidades para as especialidades da EOI de alemán, chinés, italiano e xaponés.
Interinidades en varias especialidades
Anunciada a apertura de interinidades e substitucións nas especialidades de secundaria de debuxo, alemán e organización e proxectos sistemas enerxéticos e nas de PTFP en cociña e pastelaría e soldadura.
Concurso de Traballo por Proxectos
Na web da Consellaría a relación de centros que resultan galardoados no VI Concurso de Traballos por Proxectos correspondente a traballos realizados durante o curso 2018/2019.
Interinidades en Artes plásticas e deseño
Publicada a relación provisional e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións das especialidades de deseño gráfico, fotografía, historia da arte, medios audiovisuais e medios informáticos.
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE
Na web da Consellaría a resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/2020.
Robótica en primaria
Publicada a resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2019/20.
Proxectos de formación en FP
Na web da Consellaría a resolución provisional de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2019-2020.
Robótica en primaria
Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2019/20.
Formación para profesorado de FP
Publicada a resolución provisional de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2019-2020.
Premios extraordinarios na ESO ao rendemento académico
No DOG a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.
Premios de innovación educativa
Publicada a resolución provisional do premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D".
Programa Espazos Maker
Publicada a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2019/20.
Premio Boas prácticas de educación inclusiva
Na web da Consellaría a convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/19.
Titorías do prácticum do Mestrado de profesorado de FP
Publicada a listaxe definitiva de persoas titoras e coordinadoras do practicum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2019/2020.
Profesorado interino e substituto de PES, PTFP, EOI e música
Publicadas as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 do corpo de secundaria, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas e profesores de música e artes escénicas.
DELF escolar
Publicada na web da Consellaría información relativa ás probas do DELF Escolar en Galiza.
Programa Observa_Acción
Publicada a convocatoria para participar no programa de innovación educativa 'Observa_Acción' durante o curso 2019/2020.
Plan Proxecta
Publicada a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2019/20.
Club de letras
Publicada a resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Letras” para o curso 2019/20.
Prácticum do máster da ESO
Publicada na web da Consellaría a Listaxe definitiva de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2019/2020
Interinidades en varias especialidades de música
Na web da Consellaría a listaxe provisional de interinidades e substitucións en instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco, danza española, danza clásica e danza contemporánea.
Bibliotecas escolares solidarias
Publicada a convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2019/2020.
Interinidades en cátedras de música
Publicada unha modificación na apertura de listaxe de interinidades para o corpo de catedráticos de música nas especialidades de arpa, canto, clarinete, clave, composición, contrabaixo, dirección de orquestra, fagot, frauta travesa, óboe, pedagoxía, percusión, saxofón, trombón, trompa, trompeta, violoncello , instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco, instrumentos históricos de corda fretada, tecnoloxía musical, viola de gamba e produción e xestión de música e artes escénicas.