Calendario
Eventos do día 26 de Novembro de 2019
Premios a proxectos de innovación en FP
Na web da Consellaría a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Titulacións para as listaxes de interinidades e substitucións
Publicado na web da Consellaría un informe de análise das alegacións presentadas ao proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de secundaria, de FP e de EOIs.
Interinidades en cátedras de música
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional para impartir docencia no corpo de catedráticos de música e artes escénicas en varias especialidades.