Calendario

Eventos do mes Outubro de 2019

DOG 25/10/2019
Correccións no catálogo de primaria

Publicadas unhas correccións referentes ao catálogo de postos de traballo de primaria.

DOG 25/10/2019
Formación práctica en centros de traballo

Publicadas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Outros 25/10/2019
Clube de ciencia

Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros admitidos para participar no programa "Club de Ciencia" durante o curso 2019/20.

Outros 25/10/2019
Robótica en primaria

Publicada a resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2019/20.

Outros 25/10/2019
Premio Proxecta

Resolución provisional pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/19.

Outros 24/10/2019
STEMweek

Na web da Consellaría a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas relativas á STEMweek 2019.

Outros 24/10/2019
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado

Na web da Consellaría a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas para a formación en linguas estranxeiras do alumnado.

DOG 23/10/2019
Fondo de acción social

Publicadas as listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas do fondo de acción social 2018 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

DOG 23/10/2019
Novos centros plurilingües

Orde coa autorización de novos centros plurilingües para o curso 2019/20.

DOG 23/10/2019
Plurilingüismo en infantil

Autorizados novos centros educativos para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2019/20.

DOG 23/10/2019
PluriBach

Orde coa relación de centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2019/20.

DOG 23/10/2019
Seccións bilingües

Publicada a autorización de novas seccións bilingües para o curso 2019/20.

Outros 23/10/2019
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Publicadas as puntuacións provisionais dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019.

Outros 23/10/2019
Concurso sobre Carvalho Calero

Convocado o concurso para elaborar unha exposición sobre Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras 2020.

Outros 22/10/2019
Prácticum da formación pedagóxica do profesorado de FP

Na web da Consellaría a listaxe provisional de persoas titoras e coordinadoras para o desenvolvemento do practicum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2019/2020.

DOG 21/10/2019
Probas CELGA

Publicadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2 e 4.

DOG 21/10/2019
Concurso de orientación

Publicada a orde co concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación.

DOG 21/10/2019
Concurso Xeral de Traslados

Convocado o concurso xeral de traslados para catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores.

Outros 18/10/2019
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019.

Outros 18/10/2019
FP dual

Publicada a resolución coa selección de mobilidades de FP dual para o curso 2019-2020.

Outros 17/10/2019
Corrección de erros na listaxe de Artes plásticas

Publicada unha corrección de erros nas listaxes de interinidades de Artes plásticas e deseño, especialidades de deseño Gráfico, fotografía , historia da arte , medios audiovisuais e medios informáticos.

Outros 17/10/2019
Interinidades en cátedras de música

Anúnciase a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de catedráticos de música e artes escénicas en varias especialidades. 

Outros 16/10/2019
Interinidades en cátedras de música

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades no corpo de catedráticos de música nas especialidades de instrumentos históricos de corda fretada, produción e xestión de música e artes escénicas  e tecnoloxía musical.

Outros 16/10/2019
Interinidades en Artes plásticas e deseño

Na web a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo nas listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de materiais e tecnoloxía: conservación e restauración.

DOG 15/10/2019
Curso de actualización da función directiva

No DOG a resolución coa convocatoria do curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

DOG 15/10/2019
Permutas provisionais do curso 2019/2020

Publicada na web da Consellaría a relación dos intercambios provisionais de prazas para o curso 2019-2020.

DOG 15/10/2019
English week

Na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2019/2020 para 6º curso de primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

Outros 11/10/2019
Prácticum do máster da ESO

Publicada a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2019/2020.

DOG 10/10/2019
Resolución do PIALE

Publicada no DOG a  resolución definitiva do programa PIALE para o ano 2019.

DOG 10/10/2019
Consellos escolares

Resolución que estabelece o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos.

Outros 10/10/2019
Contratos programa

Na web da Consellaría a regulación dos contratos-programa e as bases para a súa convocatoria e selección.

Outros 09/10/2019
Interinidades en Artes plásticas e deseño

Anunciada a apertura de listaxes para cubrir interinidades ou substitucións nas seguintes especialidades de Artes plásticas e deseño:  deseño gráfico, fotografía, historia da arte, medios audiovisuais e medios informáticos.

Outros 09/10/2019
Interinidades do corpo de Música e artes escénicas

Apertura de listaxes de interinidades e substitucións nas especialidades de instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco, danza española, danza clásica e danza contemporánea.

DOG 08/10/2019
STEMbach

Publicada a resolución definitiva cos centros autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2019/20.

Outros 07/10/2019
Radio na Biblio

Na web da Consellaría a resolución  cos centros que participarán no programa "Radio na biblio" durante o curso 2019/2020.

DOG 04/10/2019
Adxudicación definitiva de destinos provisionais

Publicada no DOG a adxudicación definitiva dos destinos provisionais do profesorado para o curso 2019/2020.

Outros 04/10/2019
Programa Biblioteca Creativa

Publicada na web da Consellaría a relación de centros que participan no programa "Biblioteca Creativa" para o curso 2019/2020.

Outros 04/10/2019
Proxectos de formación en FP

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2019 – 2020.

Outros 04/10/2019
Semana STEM

Na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros admitidos para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO.

DOG 02/10/2019
Curso de función directiva

Convocado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2019.

DOG 01/10/2019
Novo ciclo de FP nun centro privado

Autorizado o  CM Emerxencias sanitarias, na modalidade semipresencial e/ou a distancia, no centro privado Big Formación de San Cibrao das Viñas (Ourense).

< Outubro 2019 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario