Calendario
Eventos do día 25 de Outubro de 2019
Correccións no catálogo de primaria
Publicadas unhas correccións referentes ao catálogo de postos de traballo de primaria.
Formación práctica en centros de traballo
Publicadas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Clube de ciencia
Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros admitidos para participar no programa "Club de Ciencia" durante o curso 2019/20.
Robótica en primaria
Publicada a resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2019/20.
Premio Proxecta
Resolución provisional pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/19.