Calendario
Eventos do mes Setembro de 2019
Nomeamento de funcionarios en prácticas
No DOG o nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas que aprobaron a oposición de secundaria, EOIs, música e artes escénicas e de PTFP.
Recollida de documentación do CXT
Na web da Consellaría infórmase de que as publicacións presentadas para a súa baremación no último CXT poderán ser recollidas desde o día 7 ata o 18 de outubro de 2019 en horario de 9.00 h a 14.00 h nos locais da Inspección educativa no enderezo seguinte: San Lázaro, 107 (Rúa da Besada) - 15703 Santiago de Compostela.
Interinidades e substitucións en orientación
Na web da Consellaría a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019/20 correspondente á orientación do ao corpo de mestres.
Interinidades en varias especialidades de música
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de catedráticos de música nas especialidades de instrumentos históricos de corda fretada, produción e xestión de música e artes escénicas e tecnoloxía musical.
Interinidades en materiais e tecnoloxía
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións na especialidade de materiais e tecnoloxía: conservación e restauración (profesorado de artes plásticas e deseño).
Axudas a centros privados concertados
Aprobadas as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Semana STEM
Publicada a resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de 5º e 6º cursos de primaria e 1º e 2º cursos de ESO.
Disposición adicional na orde do CADP
Publicada unha disposición adicional na orde do CADP referente á ordenación da listaxe de orientación de primaria.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Resolta a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2019/20.
Plan Proxecta
Na web da Consellaría as bases para a participación no Plan Proxecta dos centros docentes para o curso escolar 2019/20.
Recoñecemento médico
Comeza mañá o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal docente da Consellaría de Educación.
Prácticum do curso de especialización para o profesorado de FP
Anunciada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en Formación Pedagóxica e Didáctica do PTFP.
Ciclos formativos plurilingües
Publicada a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2019/20.
Centros CUALE
Publicada a listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado -CUALE- para o curso 2019/2020.
Seccións bilingües
Na web da Consellaría a relación definitiva de seccións bilingües admitidas e excluídas e as novas seccións bilingües para o curso 2019/2020.
PluriBach
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2019/2020.
Plurilingüismo en infantil
Publicadas as listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2019/2020.
Centros plurilingües
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües para o curso 2019/2020 .
Licenzas por formación
Na web da Consellaría a resolución definitiva de licenzas por formación destinadas ao profesorado para o curso 2019/2020.
Titorías do prácticum do Mestrado de profesorado da ESO
Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO.
Toma de posesión do profesorado con destino provisional
Publicadas as instrucións para a toma de posesión do persoal docente adxudicado no concurso de adxudicación de destinos provisionais de secundaria.
STEMbach
Publicada a resolución provisional de centros autorizados e non autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2019/20 e a relación de centros de continuidade neste programa.
Clube de ciencia
Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” durante o curso 2019/20. O prazo de presentación da solicitude e a documentación remata o 30 de setembro.
Convocatoria de premio de innovación
Anúnciase a convocatoria dun premio de innovación educativa, "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros públicos.
Probas CELGA
Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019.
Plan director para a convivencia
A disposición na páxina web da Consellaría o seu Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos para o curso 2019/2020.
Novas unidades para un centro privado
Autorizadas 4 unidades de Bacharelato para o centro privado Waldorf Meniñeiros (Friol, Lugo).
Novo centro privado en Arteixo
Autorizada a apertura do centro privado estranxeiro Pangea Active School en Arteixo (A Coruña).
English Week
Publicada a listaxe de centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2019/2020 en 6º de primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
Premios extraordinarios de bacharelato
Publicada a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.
Clubes de lectura
Publicada a convocatoria de Clubes de lectura para o curso 19/20. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro.
Nomeamento de mestres funcionarios de carreira
Publicado no BOE o nomeamento de profesorado que aprobou as oposicións do corpo de mestres no 2018 como funcionarios e funcionarias de carreira.
Nomeamento de funcionarios de carreira do profesorado de secundaria
Publicado no BOE o nomeamento de profesorado que aprobou as oposicións do corpo de secundaria no 2018 como funcionarios e funcionarias de carreira.
Proxecto Biblioteca Creativa
Convocado o Proxecto BIBLIOTECA CREATIVA. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de setembro de 2019.
Proxecto Radio na Biblio
Anunciada a apertura do prazo para participar no proxecto Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2019.
Axudas a centros privados concertados
Convocadas axudas para centros privados concertados para as bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20.
Instrucións para a biblioteca
Publicadas na web da Consellaría as instrucións para a organización e o funcionamento das bibliotecas escolares durante o curso 2019/2020.
Fondo de acción social
Publicada a resolución cos criterios de repartición do fondo de acción social relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Plan Eduemprende
Comunícase a apertura do prazo para a participación en diferentes programas desenvolvidos dentro do Plan Eduemprende dirixidos ao alumnado e profesorado de primaria, ESO, bacharelato e FP.