Calendario
Eventos do día 27 de Setembro de 2019
Interinidades e substitucións en orientación
Na web da Consellaría a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019/20 correspondente á orientación do ao corpo de mestres.
Interinidades en varias especialidades de música
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de catedráticos de música nas especialidades de instrumentos históricos de corda fretada, produción e xestión de música e artes escénicas e tecnoloxía musical.
Interinidades en materiais e tecnoloxía
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional nas listas de interinidades e substitucións na especialidade de materiais e tecnoloxía: conservación e restauración (profesorado de artes plásticas e deseño).