Calendario
Eventos do mes Agosto de 2019
CADP primaria no DOG
Resolución definitiva publicada no DOG
Profesorado aprobado nas oposicións
Publicada a listaxe de profesorado (PES, EOIs, mestres...) aprobado nas oposicións do 2019.
Modificación dos concertos educativos
Publicada a orde que recolle a modificación dos concertos educativos.
Cursos CELGA nas EOIs
Convocados cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Modificación do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal interino e substituto:
RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos polo que se modifica o punto vixésimo primeiro, se engade un novo punto vixésimo segundo e se engade un punto 5 á disposición adicional primeira do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto
Instrucións para os ciclos formativos de FP no curso 2019/20
RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2019 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2019/20.
Autorización dun centro privado superior de ensinanzas artísticas en Valga
ORDE do 30 de xullo de 2019 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas artísticas superiores de música Galival Music, en Valga.
Cátedras de conservatorios: nomeamento de funcionariado de carreira
Nomeamento como funcionariado de carreira do profesorado seleccionado no acceso a cátedras de música e artes escénicas de 2018.
Cambio de nome do IES nº 1 de Ordes
ORDE do 23 de xullo de 2019 pola que se autoriza o cambio de denominaciónespecífica do IES número 1 do concello de Ordes.
Prazas sometidas a convenio
Publicada no DOG a adxudicación definitiva das prazas sometidas a convenio.
CADP Mestres. Instrucións para a toma de posesión
Instrucións para a toma de posesión do persoal docente adxudicado no concurso de adxudicación provisional (corpo de mestres).
CAFI, CFRs e Asesores de formación
Resolución do concurso de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e de asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos