Calendario
Eventos do día 21 de Xaneiro de 2020
Concurso literario sobre Carvalho Calero
A EGAP convoca un Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas sobre o autor homenaxeado este ano 2020, Ricardo Carvalho Calero.
Corrección de erros na orde de titulacións para as listaxes de interinidades
Publicada no DOG unha pequena corrección de erros sobre a especialidade de música na orde que estabelece as titulacións que permiten o acceso ás listaxes de interinidades e substitucións.
Corrección de erros nas listaxes de alemán
Publicada unha corrección de erros nas listaxes de interinidades e substitucións da Escola de idiomas na especialidade de alemán.
Listaxes de cociña e soldadura
Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de cociña e pastelaría e soldadura de PTFP.
Listaxes de informática e sistemas e aplicacións informáticas
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en informática (secundaria) e sistemas e aplicacións informáticas (PTFP).