Calendario
Eventos do día 09 de Marzo de 2020
Orde das comisións de saúde
Publicada no DOG a orde que regula as comisións de servizo para o persoal docente en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.
Instrucións para a realización da proba de acceso á Universidade
Publicadas no DOG as instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2020/21.
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Publicada na web da Consellaría a listaxe e o baremo definitivos de profesorado admitido para cubrir interinidades e substitucións das especialidades de PES de debuxo, alemán e organización e proxectos de sistemas enerxéticos.