Calendario
Eventos do día 23 de Xuño de 2020
Proxectos de innovación en dinamización lingüística
A Consellaría anuncia que queda sen efecto a convocatoria do presente curso dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística e indica tamén que os proxectos presentados ao abeiro desta convocatoria serán válidos para a do curso 2020-2021.
Curtas de animación en galego
A Consellaría anuncia que acorda aprazar, por mor da situación creada pola pandemia, a data de entrega das curtas que se elaboren para participar no certame Nós tamén creamos!
STEMweek
Anúnciase que queda sen efecto, debido á crise sanitaria provocada pola COVID-19, a convocatoria de actividades de formación para o alumnado en lingua inglesa, o STEMweek.
Curtas Senda dos Faros
Ampliado o prazo de presentación para participar no concurso de curtas Senda dos Faros até o 30 de setembro.
Estadías formativas en empresas para profesorado
Publicada a resolución definitiva das estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2020 destinadas ao profesorado de FP inicial e de artes plásticas e deseño.