Calendario
Eventos do día 01 de Xuño de 2020
Novo nome para o CEIP Príncipe Felipe
O CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra pasa a chamarse CEIP Daría González García.
Matrícula nas oposicións
Anúnciase a apertura do prazo para se matricular nas oposicións de ensino para o ano 2021.
Habilitación para a docencia en centros privados
Anúnciase a reanudación do prazo de solicitude de habilitación para impartir docencia nos centros privados.
Prazos de varias listaxes de interinidades
A Consellaría publica na súa páxina web un anuncio relativo á reanudación de prazos de determinadas listas provisionais de interinidades e substitucións.
Bibliotecas escolares solidarias
Na web da Consellaría a ampliación da convocatoria das Bibliotecas escolares solidarias para o curso 2020/2021.
Concurso de Podcasts 'A Radio na Biblio'
Amplíase o prazo para participar no II Concurso de podcasts 'A Radio na biblio'.