Calendario
Eventos do mes Xullo de 2020
Instrucións para o curso 2020/2021
Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.
Instrucións FP para o curso 2020/2021
Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2020-2021.
Funcionarias de Carreira
Orden EFP/716/2020, de 22 de xullo, pola que se nomean funcionarias de carreira aos seleccionados nos procedementos selectivos, convocados pola Orde de 21 de febreiro de 2019.
Resolución provisional do CADP de primaria
Na web da Consellaría a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2020/21.
Formación do profesorado
Publicado pola Consellaría de Educación o Plan de Formación do profesorado para o curso 2020/2021.
Comisións de conciliación
Na web da Consellaría a resolución definitiva de admitidos e excluídos das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral de mestres, PES, FP, de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2020/2021.
Programa CUALE
Publicada a listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2020/2021.
Formación para profesorado de FP
Na web da Consellaría a relación de actividades de formación para o profesorado de formación profesional para o mes de setembro de 2020.
Participación no CADP
A Consellaría fai pública a relación definitiva de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/2021.
Protocolo para o curso 2020/2021
Na web da Consellaría o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario para o curso 2020/2021.
Novas ensinanzas na EFAG de Coristanco
Autorizada a Escola Familiar Agraria Fonteboa (Coristanco) a impartir novos ciclos formativos.
Programa Educación responsable
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2020/21.
Fondo de acción social
Publicada no DOG a resolución cos criterios de repartición e a convocatoria do fondo de acción social do ano 2019 referido ás axudas para a atención de persoas con discapacidade.
Novas ensinanzas no CAD Jesús Morlán Fariña
Publicada no DOG a autorización da impartición do bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas no CAD Jesús Morlán Fariña de Verducido, Pontevedra.
Novas ensinanzas para un centro privado
Publicada a autorización ao centro privado Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña) para impartir ensinanzas de formación profesional na modalidade semipresencial e/ou a distancia.
Restrición de provinicias e/ou concellos no CADP
Comeza o 16 de xullo o prazo para que o profesorado interino ou substituto solicite poder realizar substitucións nunha ou varias provincias ou en concellos determinados.
Bibliotecas escolares solidarias
Publicada na páxina da Consellaría a resolución de dúas das iniciativas integradas no programa Bibliotecas escolares solidarias correspondentes ao curso 2019/2020.
Concurso de cátedras
Publicada no DOG unha corrección de erros á orde pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de secundaria, de artes plásticas e deseño e de EOIs.
Axudas sociosanitarias de MUFACE
Publicada no BOE a resolución de MUFACE coa convocatoria de concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2020.
Permutas provisionais
Anúnciase a apertura o 15 de xullo de solicitude de permuta para o profesorado que non estea obrigado a participar no CADP do curso académico 2020-21.
Programa CUALE
Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, para o curso 2020/2021.
Resolución do Plambe
Publicada na páxina web da Consellaría a resolución provisional da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos para o curso 2020/2021.
Profesorado apto na fase de prácticas
Pequena corrección de erros.
Formación permanente do profesorado
Publicada na web da Consellaría a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos para o curso 2020/2021.
Calendario escolar 2020/2021
ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia
Habilitacións no corpo de mestres
Publicada unha orde pola que se estabelece un novo procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres.
Profesorado apto na fase de prácticas
Publicada no DOG a orde pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos do 2019.
Apertura de listaxe de interinidades en PES e PTFP
Anunciada na web da Consellaría a apertura de listaxes de substitucións en diversas especialidades de PES e máis de PTFP.
Interinidades no corpo de mestres
Na web da Consellaría anúnciase a apertura de listaxes para cubrir interinidades ou substitucións no corpo de mestres en diversas especialidades.
Interinidades en chinés, inglés, italiano e xaponés.
Anunciada a apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións nas especialidades de chinés, inglés, italiano e xapónes da Escola Oficial de Idiomas.
Interinidades no corpo de música e artes escénicas
Publicada na web da Consellaría a próxima apertura dunha listaxe para cubrir interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de música e artes escénicas.
Interinidades en volume de artes plásticas e deseño
Anunciada a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de volume.