Calendario
Eventos do día 15 de Xullo de 2020
Concurso de cátedras
Publicada no DOG unha corrección de erros á orde pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de secundaria, de artes plásticas e deseño e de EOIs.
Axudas sociosanitarias de MUFACE
Publicada no BOE a resolución de MUFACE coa convocatoria de concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2020.
Permutas provisionais
Anúnciase a apertura o 15 de xullo de solicitude de permuta para o profesorado que non estea obrigado a participar no CADP do curso académico 2020-21.
Programa CUALE
Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, para o curso 2020/2021.