Calendario
Eventos do día 12 de Xuño de 2020
Novos ciclos para un centro privado
Publicada a autorización de novos ciclos formativos para seren impartidos polo centro privado Salesianos-A Mercé de Cambados (Pontevedra).
Novo CEIP na Coruña
Publicada no DOG a orde que autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria Novo Mesoiro no concello da Coruña.
Axudas a centros concertados
Publicada a resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para o alumnado en linguas estranxeiras.
Contratación de profesorado na USC
A USC convoca concurso público para a elaboración de listas de agarda de persoal docente e investigador contratado interino para cubrir necesidades docentes urxentes para o curso 2020/2021.
Contratación de PDI na USC
Convocado concurso públido para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado na USC.