A CIG-Ensino vén de gañar dúas sentenzas a prol do pagamento da parte devindicada do complemento específico da paga extra do ano 2013

Anuncia que promoverá reclamacións contra o recorte ilegal da paga do ano 2013

Escrito ao Conselleiro sobre o mal funcionamento do Correo electrónico

Tamén se fai referencia ao programa XADE

Escrito ao Conselleiro sobre os comedores escolares e o seu persoal non docente

A Consellaría sobrecarga o profesorado de labores burocráticos e de cometidos non docentes e impropios da súa función

A CIG-Ensino denuncia que o conselleiro anuncie as especialidades nas que se van convocar oposicións sen negociación previa na Mesa Sectorial

A web de Educación recolle a nota de prensa na que se dá conta da intervención no Parlamento na que anunciou as especialidades

Orzamentos 2016: o profesorado continúa cos salarios e coas pagas extras recortadas

A CIG-Ensino exixe que nos orzamentos da Xunta para o ano 2016 se restitúan os salarios e os dereitos arrebatados ao profesorado

O Tribunal do Contencioso Administrativo nº 2 de Compostela declara que a Consellaría de Educación “executou debidamente” a sentenza sobre o concurso xeral de traslados do ano 2013

Para a CIG-Ensino, como xa manifestamos no seu día, o razoábel sería aplicar a sentenza a todos e todas as afectadas

A CIG-Ensino denuncia que a autorización dos centros plurilingües se fai en detrimento do ensino en lingua galega

A CIG-Ensino continúa exixindo a derrogación do Decreto 79 de Plurilingüismo e a aprobación doutra nova orde que promova a normalización no ensino

A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino exíxenlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística unha actuación firme e urxente no caso JUNGLE WORLD

A Mesa pola Normalización Lingüística, a CIG-Ensino e a profesora Ana Belén Tajes mantiveron unha reunión co secretario xeral de Política Lingüística

EdixGal, outra mentira da Consellaría de Educación

A Consellaría de Educación do Partido Popular imposibilita o normal discorrer do curso nos centros onde está implantado o programa

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DO CONSELLO PARA A CONVIVENCIA ESCOLAR

Realizou a súa primeira reunión en setembro tras a súa constitución

Quizais quixo dicir:

< Maio 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Outros 27 Maio 2025
Programa EduMob

Resolución provisional na web da Consellaría coa selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2025/2026.

Outros 27 Maio 2025
Proba de galego nas oposicións

Na web da Consellaría publícanse as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua galega das oposicións do 2025.

Outros 27 Maio 2025
Bibliotecas escolares solidarias

Anúnciase a concesión de cinco Selos de Biblioteca Escolar Solidaria e as dez experiencias premiadas na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa Bibliotecas escolares solidarias no curso 2024/25

Outros 27 Maio 2025
Toma de posesión

Publicadas na web da Consellaría as instrucións para que tome posesión o profesorado que obtivo destino definitivo no CXT do 2025.

Outros 23 Maio 2025
Comisións de servizo por motivos de saúde

Comeza hoxe o prazo para solicitar a comisión de servizos en atención a situacións personais especiais por motivos de saúde que rematará o 5 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Outros 23 Maio 2025
Comisións de servizo por conciliación

Anuncia a Consellaría a apertura do prazo para solicitar comisións de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.