
Información da Mesa Sectorial do Concurso Xeral de Traslados
Nesta mesa tratáronse entre outras cuestións os concursos de traslados
Orde do día:
1 Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 31 de maio e 7 de xuño.
A administración non trouxo as actas, quedando pendentes.
2 Orde de .... de outubro de 2016 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. LIGAZÓN
3 Orde do .... de outubro de 2016 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos. LIGAZÓN
4 Orde do ... de outubro de 2016 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. LIGAZÓN
O tres puntos referentes aos concursos tratáronse conxuntamente na mesa sectorial, a petición da administración.
Ligazón ao CIG Informa sobre os tres concursos.
5 Resolución pola que se convoca bolsa de profesores especialistas para o ciclo formativo de grao superior de mantemento aeromecánico a impartir no CIFP As Mercedes de Lugo
6 Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Organización e Control de Obras de Construción
8 Rogos e preguntas.
Ligazón ao CIG Informa de varios
Ligazón ao CIG Informa con información específica para persoal interino