Paremos as reválidas
Realizaranse concentracións en todo o país
Dentro das accións que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está levando a cabo en contra das reválidas e da LOMCE hoxe mércores, 26 de outubro, dentro da xornada contra a LOMCE, realizaranse concentracións en todo o país. Consulta no interior as horas e lugares.
Ás 18:30 horas
- Pontevedra Praza da Peregrina
Ás 19 horas
- Compostela: Praza Roxa
- Vigo: Farola de Urzaiz (Rúa do Príncipe)
- Lugo: Diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
- A Coruña: Praza de Pontevedra (diante do IES Eusebio da Guarda)
- Ferrol: Praza de Amada García (diante do edificio da Xunta)
- Ourense: Xardíns do Padre Feixoo
Ás 20 horas
- Carballo: Praza do Concello
- Cee: Praza 8 de Marzo
- Vilagarcía: Praza de Galiza