A CIG-Ensino solicitoulle á Consellaría que inste ao Ministerio a contemplar as resolucións xudiciais do TSXG na próxima convocatoria do CXT
Do contrario estariamos ante unha actuación irresponsable que pode supor inseguridade e prexuízos para o profesorado
A CIG Ensino solicitoulle á Consellaría de Educación que actúe con celeridade e determinación para que o Ministerio contemple na próxima convocatoria os criterios das resolucións xudiciais do TSXG. Do contrario, estariamos ante unha situación irresponsáble que pode supor inseguridade e prexuízos para o profesorado, por tratarse dun concurso xeral de traslados de ámbito estatal no que o Ministerio aplica un baremo diferente ao da Consellaría de Educación. A CIG-Ensino tamén se dirixiu ao Ministerio para que convoque o concurso nos mesmo termos que o convocado en Galiza no curso 2015/2016. Accede no interior aos dous escritos.