V Convenio conseguido para o persoal do Consorcio

información do acordo entre a Xunta e as organizacións sindicais para a adhesión e integración do Consorcio

Na Comisión de Persoal Extraordinaria acadouse por unanimidade a aprobación do Acordo presentado pola Administración ás Organizacións Sindicais sobre a adhesión e integración ao V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia e os procesos de integración de dito persoal na Xunta de Galicia. No interior da nova tedes a descarga co acordo.

O Acordo leva consigo as seguintes premisas:

  •  A partires do 1 de xaneiro de 2017, a xornada do persoal do Consorcio será a mesma que a do persoal do convenio.
  •  Recoñecemento de trienios: con efectos de 1 de xaneiro de 2017 de todos os trienios perfeccionados, aboaranse dende o momento en que estean aprobados os orzamentos de 2017.
  •  No prazo de 5 anos se equipararán salarialmente na porcentaxe do 20% da diferenza retributiva do persoal do consorcio en relación ao persoal laboral da Xunta de Galicia dende o ano 2018 ata o 2022onde se alcanzará a homologación salarial plena.
  •  Decreto de listas: As listas actuais do Consorcio seguirán vixentes até a súa substitución polas que se deriven do Decreto 37/2006, non obstante os pasos a dar son:
    •  Creadas ou reorganizadas as categorías do Consorcio dentro das do Convenio, modificación do Decreto 37, para proceder a súa aplicación no ámbito do Consorcio.
    • Apertura de prazo extraordinario de inscrición.
  • Modificación do Decreto 129/2012 de integración no primeiro trimestre do 2017, co obxecto de poder realizar o procedemento de integración do persoal laboral temporal.
  • Integración do persoal laboral fixo: modificado o Decreto 129/2012 publicación das Ordes de integración. O persoal que opte por non integrarse, continuará prestando servizos no Consorcio na condición de “a extinguir”.
  • Integración do persoal laboral  temporal, inclúese o indefinido non fixo: novación de contrato coas condicións establecidas no Acordo.
  • RPT: elaboración en marzo de 2017, e o compromiso (recollido en Acta da Comisión de Persoal de onte 22/09/2016) de convocatoria dun concurso de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galicia, previo á RPT.
  • Procesos selectivos: nas OPEs 2017/2018/2019/2020 se reserva un 20% do total da OPE Xunta (excluídos Sergas e Educación) para ofertar en categorías do Consorcio
  • Funcionarización: ao igual que o resto de categorías do persoal laboral da Xunta de Galicia, aquelas categorías que sexan susceptibles de ser funcionarizables, a Administración seguirá o guión marcado pola Disposición Transitoria primeira da Lei de Emprego Público de Galicia. Sempre mantendo, tal e como figura no acordo, o concurso - oposición.

O proceso de adhesión ao V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia ten as seguintes fases. Antes do 20/12/2016:

  • Aprobación no Comité Intercentros das categorías que se teñan que incluír no Anexo de Categorías por non coincidir coas existentes no mesmo.
  • Inclusión dunha disposición específica que contemple o réxime retributivo transitorio de homologación, segundo as porcentaxes antes citadas

Adhesión:

Rematados os procesos anteriores e unha vez os comités de empresa ratifiquen o acordo esta xurdirá efectos o 1 de xaneiro de 2017.

En definitiva, este acordo supón o primeiro paso para igualar as condicións de traballo e retributivas de todo o persoal, para acabar coa atomización producida pola dispersión da Administración da Xunta, para incrementar a plantilla e o número de prazas de persoal laboral da Xunta de Galiza (case 1800 prazas máis de ocupadas por persoal laboral temporal e 200 por persoal laboral fixo), para garantir a calidade nos procesos de acceso á condición de empregado/a público/a organizados pola Xunta de Galiza a través da Dirección Xeral de Función Pública polo sistema de concurso-oposición tal e como recolle o V Convenio, en resumo, para desbloquear que o emprego público siga medrando só a través da creación de emprego temporal de baixa calidade, malas condicións retributivas e fora do ámbito da Xunta de Galiza, deixando sen expectativas laborais tanto aos/as traballadores/as do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar como os/as da Xunta de Galiza.

Somos conscientes de que chegamos a este acordo torcendo o pulso a un goberno condicionado polas datas electorais polo que imos velar porque se cumpra na súa integridade.


Volver